- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1196
-
O equipo de goberno quere dinamizar a zona urbana coa presenza dos atletas
-
Cortadas ao tráfico as principais rúas e convértense en peonís os accesos ao campo de Cartas para que se preparen os atletas
-
Máis de 100 persoas están xa anotadas para participar nas catro probas do domingo: dous trail e dúas andainas non competitivas
-
O prazo de inscrición remata ás 23.59 horas deste xoves en www.emesports.es
Os atletas que participen este domingo no CMP Trail da Baña van tomar a saída na praza do Concello da Baña, onde tamén estará situada a liña de meta, decisión que adoptou o equipo de goberno para dinamizar a capital municipal. Por este motivo pecharanse ao tráfico as principais rúas de San Vicenzo (Castelao, Rosalía de Castro e Dores) durante toda a mañá do domingo, e tamén se prohibirá aparcar na praza do Concello dende as 20.00 horas do sábado ata ás 15.00 horas do domingo, momento no que se levantarán as restricións ao tráfico. Máis dun cento de atletas están xa anotados para participar nas catro probas do CMP Trail da Baña: os dous trails (de 26,5 e 17 km) e as dúas andainas non competitivas (de 16 e 10,5 km). Ata as 23.59 horas do xoves, 3 de outubro, permanecerá aberta a inscrición na web www.emesports.es.
O campo de fútbol de Cartas queda reservado nesta edición para a entrega de dorsais e gardarroupa para os participantes, zona de duchas, catering e o servizo de gardería gratuíta para os e as atletas que participen nas diferentes probas. O aparcadoiro de vehículos estará situado nos arredores do campo de fútbol, e para chegar a el, os condutores que veñan de fóra da Baña deben acceder pola aldea de Paredes, dende a estrada de Santa Comba. A rúa das Dores (que comunica o campo coa praza do Concello) e as rúas López Díaz e Castelao converteranse en peonís para que os atletas poidan adestrar e realizar exercicios de quecemento e recuperación. O Concello da Baña solicita a colaboración da veciñanza para non aparcar os vehículos nestas rúas, e advírtelle que teña en conta a imposibilidade de acceder aos garaxes dende estas rúas entre as 07.00 ás 15.00 horas do domingo.
Inscrición ata o xoves as 23.59 horas
Cando faltan aínda dous días para que se peche a inscrición, máis dun cento de atletas confirmaron a súa participación no CPM Trail da Baña. Entre eles atópase o actual medalla de bronce no Campionato Galego de Trail, e terceiro no CMP do ano pasado, Roberto Tuñas González, membro do Club Atletismo Negreira. Tuñas é un dos inscritos na trail longa, que vai percorrer 26,5 quilómetros polas fermosas paisaxes da Baña o vindeiro domingo. A carreira de montaña da Baña contará tamén cun trail curto de 17 km, e dúas andainas non competitivas, unha de 16 km (pro) e outra amateur de 10,5 km.
O Concello da Baña e o Grupo de Trail e Montaña (GtraM) Val de Barcala, organizadores da proba, contan co patrocino da prestixiosa marca italiana de roupa deportiva CMP e de Deportes Alvite. A inscrición poderase facer a través da web emesports.es ata as 23.59 horas do xoves, día 3.
Nesta cuarta edición do Trail da Baña, a segunda patrocinada por CMP, a proba mantén as características de anos anteriores e contará con dúas distancias: haberá un percorrido de 26,5 quilómetros, cun desnivel de 780 metros positivos; e outro de 17 km, con 500 metros de desnivel. Quen o prefira, tamén poderá percorrer os montes da bisbarra de Barcala participando nas andainas non competitivas proTrail (16 km) e amateur (10,5 km). A organización modificou en gran parte as zonas do percorrido este ano, aínda que deixou a estrutura da edición anterior que segue tendo unha dificultade media no trail e baixa no mini trail.
A inscrición na proba de 26,5 quilómetros custa 15,00 €, mentres que a de 17 quilómetros custa 10,00 €. Para participar na andaina ProTrail hai que aboar 8,00 euros, e 5,00 euros na amateur. A idade mínima para participar é de 16 anos para todas as categorías, nas que os menores de idade necesitan consentimento paterno firmado e, no caso da andaina amateur, terán que ir acompañados dun titor. A inscrición pode facerse a través da web emesports.es ata as 23.59 horas do vindeiro xoves, día 3.
Cada unha das persoas inscritas, sexa nos trail ou nas andainas, recibirá como agasallo unha bolsa portatodo, un kit de auxilio moi completo e unha cinta para a cabeza doados por CMP, patrocinador principal da proba. O Concello da Baña e GTraM Val de Barcala tamén contan coa colaboración de Deportes Alvite, Gráficas Esteiro (Santiago), Talleres Baleato (Val do Dubra), Coca Cola, e emesports.es para convertir o CMP Trail da Baña nun referente galego das cada vez máis populares carreiras de montaña.
O ano pasado, os tres primeiros clasificados foron Víctor Cousillas, Hamza Belhadj e Roberto Tuñas González, en homes; e María Fabeiro Romero, María Marque e Sonia Botana, en mulleres.
Catering, gardería e fisioterapia gratuítos para participantes
Esta é a cuarta edición do trail que organiza o Concello da Baña, que segue apostando “polo deporte, ven sexa coa organización de diferentes probas, como polo reforzo das escolas deportivas, para fomentar hábitos de vida saudables e o espírito olímpico entre a veciñanza”, indica o alcalde. José Antonio Pereira Gil agradece a colaboración das empresas patrocinadoras, que fan posible que A Baña “siga contando cunha carreira de montaña que quere ser referente dentro do circuíto galego e nos permite amosar as fermosas paisaxes que temos na Baña”.
Os corredores tomarán a saída dende a praza do Concello ás 09.45 (trail) e ás 10.15 horas (andaina). A meta estará situada tamén na Praza do Concello, onde os atletas poderán repoñer forzas ao rematar no punto de avituallamento e utilizar o servizo gratuíto de fisioterapia para facilitar a súa recuperación física. Os participantes deberán recoller os seus dorsais no campo de fútbol de Cartas o mesmo domingo dende ás 08.00 horas. Tamén no campo de fútbol estará a zona de catering, o gardarroupa e a zona de gardería para que os e as atletas que veñan á Baña acompañados das súas crianzas as poidan deixar mentres participan na proba.
O percorrido, que ten unha dificultade media, transcorre polos montes da Baña. Estará sinalizado e contará con tres puntos de avituallamento líquido e sólido (para o trail), e dous puntos para o mini trail. Nas andainas haberá tamén un avituallamento por cada proba. O presidente do GtraM Val de Barcala, Sergio Vieites, aconséllalles aos participantes levar, como material recomendado para esta proba, impermeable, teléfono móbil cargado, vaso e sistema de hidratación propio. “É unha cuestión de prevención, aínda que cada atleta coñece ben as súas posibilidades e xa sabe o que ten que levar”, sinala.
Haberá premios para os tres primeiros da xeral, e de cada unha das tres categorías establecidas para o trail, tanto en homes como en mulleres: absoluta (maiores de 18 anos), veteranos 1 (maiores de 40 anos) e veteranos 2 (maiores de 55 anos).
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1021
A Deputación da Coruña pon a disposición dos concellos da provincia 1000 entradas para o partido da fase clasificatoria da Eurocopa 2021 que se xogará o vindeiro venres día 4 as 21:30 h, no estadio de Riazor (A Coruña) entre a selección española de fútbol (feminino) e a selección de Acerbaixán (feminino). As ditas entradas poden ser dirixidas en todo caso a colectivos desfavorecidos, ou nenos/as que estean federados/as como practicantes de fútbol base. O desprazamento corre por conta das familias.
Os/as interesados/as na obtención destas entradas, terán que comunicarlle antes do xoves, 3 de outubro, ás 9.30 horas, o número de entradas que precisan ao técnico de deportes do Concello da Baña, Adrián Vázquez Forján a través do enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou do teléfono 981 886 501.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1813
Psicomotricidade, patinaxe artística, xadrez, tiro con arco e karate son as novidades que ofrecen este ano as escolas deportivas municipais que promove a Concellaría de Deportes da Baña para os nenos e nenas que queiran facer deporte. Ademais, tamén poderán aprender ou perfeccionarse en fútbol sala, baloncesto, baile moderno, pilates ou tenis de mesa. A ficha de inscrición para as actividades do curso escolar 2019-2020 e o documento de domiciliación da cota figuran nos documentos adxuntos.
As persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Deportes da Baña, nas dependencias municipais, dende o luns, día 16, ata o venres 20 de setembro. Unha vez cubertos debense entregar nas oficinas municipais, ben presencialmente ou a través da sede electrónica (neste enlace).
O alumnado do CPI San Vicente xa puido coñecer algunhas destas disciplinas nas xornadas de portas abertas que se realizan esta semana no polideportivo municipal, e que contaron con bastante asistencia.
No caso de psicomotricidade, esta actividade ofrécese nova este curso e está dirixida a nenos e nenas de 3 a 6 anos e desenvolverase no ximnasio do CPI San Vicente os luns e xoves de 15.30 a 16.30 horas. Para levala a cabo será necesario conformar un grupo mínimo.
Excepto xadrez (luns), baloncesto (martes), karate (xoves) e tiro con arco (sábados), as demais disciplinas terán dúas sesións semanais, segundo os horarios que se poden consultar no arquivo adxunto e que se reproducen a continuación.
Xadrez: luns (14.30-15.30)
Patinaxe artística: luns e xoves (15.45-16.45)
Psicomotricidade, no ximnasio do colexio: Luns e xoves (15.30 a 16.30)
Fútbol sala: martes e venres (15.45-16.45)
Tenis de mesa, que se practicará no ximnasio do colexio: martes e xoves (16.00-17.30)
Baloncesto: martes (17.00-18.00)
Baile moderno, no ximnasio do colexio: Martes (19.00-20.00) e xoves (18.30-19.30)
Pilates: martes (20.00-21.00) e xoves (19.30-20.30)
Kárate, no ximnasio do colexio: xoves (17.00-18.00)
Tiro con arco: sábado, 11.00-13.00
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1723
Roberto Tuñas González, membro do Club Atletismo Negreira que ven de conseguir a terceira praza no Campionato Galego de Trail celebrado en maio, quere repetir podio tamén este ano no CMP Trail da Baña, que na pasada edición rematou na terceira posición. Tuñas é un dos inscritos na trail longo, que vai percorrer 26,5 quilómetros polos fermosos paisaxes da Baña o vindeiro 6 de outubro. A carreira de montaña da Baña contará tamén cun trail curto de 17 km, e dúas andainas non competitivas, una de 16 km (pro) e outra amateur de 10,5 km.
O Concello da Baña e o Grupo de Trail e Montaña (GtraM) Val de Barcala, organizadores da proba, contan co patrocino da prestixiosa marca italiana de roupa deportiva CMP e de Deportes Alvite, tras o éxito da edición do ano pasado, na que participaron 300 atletas. A inscrición poderase facer a través da web emesports.es ta as 23.59 horas do xoves 3 de outubro.
Nesta cuarta edición do Trail da Baña, a segunda patrocinada por CMP, a proba mantén as características de anos anteriores e contará con dúas distancias: haberá un percorrido de 26,5 quilómetros, cun desnivel de 780 metros positivos; e outro de 17 km, con 500 metros de desnivel. Quen o prefira, tamén poderá percorrer os montes da bisbarra da Barcala participando nas andainas non competitivas proTrail (16 km) e amateur (10,5 km). A organización modificou en gran parte as zonas do percorrido este ano, aínda que deixou a estrutura da edición anterior que segue tendo unha dificultade media no trail e baixa no mini trail.
A inscrición na proba de 26,5 quilómetros custa 15€, mentres que a de 17 quilómetros custa 10. Para participar na andaina ProTrail hai que abonar 8 euros, e 5 euros na amateur. A idade mínima para participar é de 16 anos para todas as categorías, nas que os menores de idade necesitan consentimento paterno firmado e, no caso da andaina amateur, terán que ir acompañados dun titor. A inscrición xa está aberta e pode facerse a través da web emesports.esata as 23.59 horas do vindeiro xoves 3 de outubro.
Gráficas Esteiro (Santiago), Talleres Baleato (Val do Dubra), Coca Cola, e emesports.es patrocinan tamén esta actividade que se está a converter nun referente galego das cada vez máis populares carreiras de montaña.
Na edición do ano pasado, os tres primeiros clasificados na categoría absoluta foron Víctor Cousillas, Hamza Belhadj e Roberto Tuñas González, en homes; e María Fabeiro Romero, María Marque e Sonia Botana, en mulleres.
Cátering, gardería e fisioterapia gratuítos para participantes
Esta é a cuarta edición do trail que organiza o Concello da Baña, que segue apostando “polo deporte, ven sexa coa organización de diferentes probas, como polo reforzo das escolas deportivas, para fomentar hábitos de vida saudables e o espírito olímpico entre a veciñanza”, indica o alcalde. José Antonio Pereira Gil agradece a colaboración das empresas patrocinadoras, que fan posible que A Baña “siga contando cunha carreira de montaña que quere ser referente dentro do circuíto galego e nos permite amosar as fermosas paisaxes que temos na Baña”.
Os corredores tomarán a saída dende a praza do Concello da Baa ás 09.45 (trail) e ás 10.15 horas (andaina). A meta estará situada tamén na praza do Concello, e os atletas deberán recoller os dorsais no campo de fútbol de Cartas o mesmo domingo, 6 de outubro, dende as 08.00 horas.
O percorrido, que ten unha dificultade media, transcorre polos montes da Baña. Estará sinalizado e contará con tres puntos de avituallamento líquido e sólido (para o trail), e dous puntos para o mini trail. Nas andainas haberá tamén un avituallamento por cada proba. O presidente do GtraM Val de Barcala, Sergio Vieites, aconsella aos participantes levar, como material recomendado para esta proba, impermeable, teléfono móbil cargado, vaso e sistema de hidratación propio. “É unha cuestión de prevención, aínda que cada atleta coñece ben as súas posibilidades e xa sabe o que ten que levar”, sinala.
Haberá premios para os tres primeiros da xeral, e de cada unha das tres categorías establecidas para o trail, tanto en homes como en mulleres: absoluta (maiores 18 anos), veteranos 1 (maiores 40 anos) e veteranos 2 (maiores 55 anos).
Para fomentar a participación familiar, o Concello ofrecerá servizo de gardería gratuíto para os atletas, e tamén de fisioterapia para facilitar a súa recuperación física unha vez rematada a proba. Na liña de meta haberá tamén un servizo de cátering para que os atletas repoñan forzas.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1260
A Concellaría de Xuventude e Deportes da Baña organiza mañá e pasado, días 12 e 13 de setembro, dúas xornadas de portas abertas nas que os nenos e nenas poderán coñecer a oferta das escolas deportivas municipais para o presente curso escolar.
Dende as 15.45 horas do xoves, día 12, nenos e nenas poderán practicar baloncesto, patinaxe artística (17.00 h) e pilates (19.30 h).
O venres, día 13, poderán xogar a tenis de mesa (15.45 h), fútbol sala (17.30 h), tiro con arco (18.30 h), xadrez (19.00 h) e baile moderno (19.30 h).
Coa finalidade de que a cativada poida inscribirse no deporte que máis lle guste, o venres estarán xa postos os días e horarios nos que se ofrecerá cada modalidade.
A vindeira semana, de luns 16 ata o venres 20, estará aberto o prazo de inscrición nas dependencias municipais.
Estas actividades darán comezo o luns, 23 de setembro.
Ademais das escolas deportivas, o Concello da Baña ofrecerá tamén este ano clases de robótica e informática, así como a ampla oferta da Escola Municipal de Música.