• Unai Casares e Sergio Calvo quedaron quintos na categoría sub-8 e sub-10, respectivamente

  • Todos eles acoden ás escolas deportivas municipais da Baña a adestrar con Alberto Dios

202106014 Baña Xadrez campions portada web

 

202106014 Baña Xadrez campionsO Concello da Baña conta con dous novos campións galegos de xadrez, que se están a formar nas Escolas Deportivas Municipais. Daniel Manrique foi o mellor xogador na categoría sub-8 no campionato que se celebrou recentemente en Padrón, mentres que Nico Amado impúxose a todos os demais rivais na categoría sub-12.

Ademais destes dous campións, os representantes das Escolas Deportivas Municipais da Baña que adestra Alberto Dios Queiruga conseguiron meritorios postos nestas mesmas categorías, nas que Unai Casares (sub-8) e Sergio Calvo (sub-10) quedaron en quinto lugar. Cómpre destacar así mesmo a boa clasificación que obtivo Noel Casares, que competiu nas categorías sub-12 e sub-14.

O xadrez está espertando un grande interese entre os nenos e nenas da Baña. Como recoñece Alberto Dios, esta disciplina das Escolas Deportivas Municipais conta cuns dezaseis nenos e nenas que van adestrar regularmente durante o curso escolar. Un interese que, despois, recolle importantes premios nos campionatos galegos.