-
Sete clubs, ademais do anfitrión, disputaron os encontros de fútbol 8
-
A competición foi organizadas pola Sociedade Deportiva A Baña en colaboración con Concello
O campo municipal de Cartas da Baña acolle hoxe o VII Torneo de Fútbol Base, organizado pola Sociedade Deportiva A Baña, en colaboración co Concello da Baña. A cita nesta xornadafestiva de San Xoán congregou a un total de oito clubs da comarca, ademais do anfitrión.
Dende as nove da mañá, e ao longo de toda a xornada, disputáronse os encontros de fútbol 8 nas categorías benxamín e alevín. Polo campo de fútbol pasaron os equipos da Sociedade Deportiva A Baña, do C.F. Rois; C.F. Noia, Xallas C.F.; da Asociación Deportiva Nicrariense; da SD Negreira, do Bastavales UD e do Milladoiro Sociedade Deportiva.
Pese a que a choiva ameazase por momentos a competición, os equipos entregáronse por completo ao xogo demostrando gran deportividade. Deportividade e bo facer que se viron recompensados polos aplausos do público. Había moitas gañas de xogo, de festa e de celebración despois deste dous últimos anos de restricións.