• Máis de 200 persoas tomaron a saída nas catro probas organizadas polo Concello nas diferentes idades e modalidades

  • Atletas participantes loubaron  as fermosas paisaxes e o ben coidado e sinalizado que estaba o percorrido para os adultos, de 16 e 26 quilómetros

  • As atletas locais Alba Pérez, Rosalía Moraig e Aitana Capeáns amadriñaron a proba, xunto co adestrador do Club Atletismo Negreira, García Estévez, estiveron presentes na saída

20221002 Trail Bana Prensa 15 Podio Absoluto

O Trail da Baña é unha proba dura, pero ten paraxes moi bonitos, e o percorrido está moi limpo e ben sinalizado”. Foi a apreciación na que coincidiron todos os atletas que esta mañá subiron ao podio despois de percorrer os 26 quilómetros do trail ou os 16 do minitrail que organizou o Concello da Baña polos montes do municipio. Máis de 200 persoas tomaron a saída nas diferentes modalidades, xa que ademais das probas competitivas houbo unha andaina de 16 quilómetros e unha carreira para os menores de idade. Rubén Insua e Belén Riadigos foron os gañadores do trail (26 km) e Juan Bello e Cristina Carril no minitrail (16 km).

20221002 Trail Bana Prensa 13 Podio Absoluta

Rubén Insua, do CDM Vértice, foi o gañador absoluto do Trail da Baña, cun de 2:26:11, seguido de Alberto Carou, do C.A. O Pino, que precisou de dúas horas e media (2:30:51) e Jaime García González, do ADC Monte Breamo, con 2:32:26. Na categoría feminina só houbo dúas participantes, Belén Riadigos, do CTR Galaico Trail Run, que precisou de tres horas (3:07:35) para facer o percorrido, e Eva de la Fuente, do CD Brión, que rematou cun tempo de 3:27:12. No 

20221002 Trail Bana Prensa 10 Podio MiniTrail 2 1 3

O minitrail, de 16 km de percorrido, foi a proba máis concorrida hoxe, con 89 participantes. Na liña de meta, en categoría masculina, gañaron Juan José Bello, do C.C. O Cotón Negreira, cun tempo de 1:30:11; Manuel Canoura, do Pontetrail, con 1:30:11, e José Antonio Señarís, do Runners Carballo, con 1:37:02. Na categoría feminina, as gañadores foron Cristina Carril, do C.A. O Pino (2:03:35); Carmen García, no E. Tartarugas (2:08:29) e Ana Lorena Gonzáliez, con 2:18:08.

20221002 Trail Bana Prensa 10 Podio MiniTrail Masculino 2 1 3

Na andaina non competitiva tomaron a saída 81 persoas e no pequetrail, que tiña un circuíto de un quilómetro, participaron 22 menores. Entre os participantes había 

Ao rematar o percorrido oficial, todos os participantes levaron un agasallo ecolóxico, un pino de Quercus xentileza de Inés Castro Floristas, para “plantar ao chegar a casa e axudar a repoboar os montes”, como lles recordou o presentador da proba, Miguel Villaverde.

Tras cruzar a meta, todas as persoas participantes destacaron o mesmo que fixeron os gañadores da proba absoluta: as fermosas paisaxes das que puideron gozar, o ben coidado e ben sinalizado que estaba o percorrido, e os tres puntos de avituallamento, motivos polos que felicitaron a organización da proba. Un traballo que o concelleiro de Promoción da vida activa e Deporte, César Ramos, agradeceu tanto a cuadrilla municipal (que se encargou de limpar os montes e o percorrido e dos avituallamentos) como a Asociación Seixos “por ser os artífices de deseñar o percorrido, porque son os que mellor coñecen os montes da Baña”. O alcalde, Andrés García Cardeso, fixo extensivo tamén este agradecemento aos máis de 30 voluntarios que colaboraron coa organización deste trail. O gañador absoluto, Rubén Insúa asegurou tras recoller o premio que volverá facer o percorrido “para recoller algúns dos fermosos cogumelos que vin durante a carreira, porque en Fisterra non os hai”.

20221002 Trail Bana Prensa 1 Madrinas

Clasificacións

As clasificacións nas diferentes categorías quedaron do seguinte xeito:

  • Trail 26 km. Absoluta

Rubén Insua, Alberto Carou e Jaime García, en homes. Belén Riadigos e Eva de la Fuente en mulleres.

  • Veteranos 1 

 Ramón Barreiro, Javier Blanco e Alejandro Méndez

  • Veteranos 2

José M. Cernadas e Adolfo Omar Rios.

  • Minitrail 16 km. Absoluta

Juan José Berrol, Manuel Canoura e José Antonio Señarís (masculina), e Cristina Carril, Carme nGarcía e Ana González (feminina)

  • Veteranos 1

Andrés Domínguez, Óscar Fernández e Eduardo Figueiras (masculina), e Raquel Ramos, Beli Bermúdez e Ana Ramos (feminina).

  • Veteranos 2

Juan Rivas, Antón Juntal e José Luis Rial (masculina) e Angeles Salmonte Varela e Chefa Cajuso (feminina).

20221002 Trail da Bana PEQUETRAIL 19

Agradecementos

O alcalde, Andrés García Cardeso, o tenente de alcalde César Ramos e a concelleira non adscrita Mónica González foron os encargados de entregar os trofeos, donados por Lau Creaciones.

O Concello agradeceu a colaboración de Protección Civil de Ames, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra para manter a seguridade dos participantes, e a implicación dos moitos patrocinadores que colaboraron co Trail da Baña 2022.

Galerías de fotos do Trail da Baña 2022 na páxina de Facebook do Concello da Baña (neste enlace)