- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1463
A Concellaría de Xuventude e Deportes da Baña e a SD A Baña reunirán o vindeiro domingo 22 de setembro a seis clubes no V Torneo fútbol base da Baña nas categorías benxamín e alevín, baixo a modalidade de fútbol 8.
Neste torneo, que se disputarán dende ás 09.00 horas no campo municipal de Cartas, participarán equipos da SD A Baña, Milladoiro SD, Xallas CF, SD Tordoia, SD Dubra e AD Nicrariense.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1158
As nenas e nenos que participaron no campamento lúdico-deportivo que organizou o Concello da Baña durante o mes de xullo despedíronse o pasado martes dunha actividade coa que puideron gozar durante todo o mes. O 31 de xullo fixeron unha visita á piscina, onde recibiron os correspondente diplomas por asistir ao curso de natación que se organizou en xullo. Despois o mago Cayetano Lledó sorprendeu aos participantes do seu espectáculo de maxia. A degustación dun pequeno piscolabis puxo o punto e final a varias semanas de xogos e diversión.

- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 2126
O Concello da Baña organiza un ano máis un campamento de verán no albergue de Cabana de Bergantiños no que poderán participar 45 nenos e nenas que teñan entre 8 e 15 anos de idade. Esta actividade desenvolverase do 3 ao 10 de agosto próximos.
Os interesados en participar deberán inscribirse antes do 24 de xullo na Concellería de Cultura e aboar 100 euros. A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición e terán preferencia os solicitantes que estean empadroados na Baña.
A ficha de inscrición pódese descargar no documento adxunto a esta nova.
Na imaxe que ilustra esta información, os asistentes ao campamento do ano pasado
- Detalles
- Escrito por Concello
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1754

Reunión Campamento de Verán en Cabana de Bergantiños 2018
Data: 27/07/2018
Hora: 21.00 horas
Lugar: Casa da Cultura do Concello da Baña
O prazo de inscricións remata o 24/07/2018
Documentación a presentar:
- Ficha de inscrición
- Dni do/a menor ou libro de familia
- Dni do/a pai/nai/titor/a legal do/a menor
- Tarxeta sanitaria
- Informe médico (de ser o caso)
- Xustificante de pagamento (*)
(*) O pagamento realizarase nas seguintes contas bancarias e o xustificante entregarase no Concello:
Banco Pastor : ES26 0238 8191 8806 6000 1061
ABANCA: ES92 2080 0326 1731 1000 0035
Importe:
- 100 € por persoa
- 75 €//2º fillo
- 50 €/3º fillo
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1551

A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo de inscrición para participar nos Campamentos Deportivos de Verán 2018. Están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos e celebraranse nas instalacións do Centro Calvo Sotelo, na Coruña. Ao Concello da Baña concedéronlle 3 prazas na quenda que vai do 15 ao 20 de xullo. As inscricións están abertas ata o 15 de xuño na casa do concello.
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2018
- Lugar: Instalacións do centro Calvo Sotelo, rúa Archer Milton Huntington, 24, A Coruña.
- Datas: do 15 ao 20 de xullo de 2018
- Destinatarios: rapaces/as de entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente ano
- Actividades: actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, así como a práctica do fútbol, tenis, voleipraia, baloncesto, aeróbic, baile… e doutras actividades culturais, veladas nocturnas; realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respecto polos demais; visitas a centros de interese cultural na comarca e na cidade da Coruña.
- Prezo: 85 €
- Inclúe: transporte interno, estadía e manutención en residencia e todo gasto que ocasionen as actividades programadas
- Núm. de prazas: 3 (*)
(*)Teñen preferencia os/as rapaces/as que non participasen no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores. O Concello realizará un sorteo público diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación.
- Inscrición: no Concello da Baña ata o 15 de xuño de 2018
- Información: https://www.dacoruna.gal/deportes
- Documentación que se entregará:
- A ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante.
- Unha foto tipo carné.
- A fotocopia da tarxeta sanitaria.
- A fotocopia do libro de familia ou carné de identidade.
- A copia de aboamento da cota de inscrición (Posterior á confirmación da praza por parte do concello).
- No suposto de que a/o nena/o necesitase ter un tratamento específico ou tivese unha doenza que se deba ter en conta, o xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. IMPORTANTE facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.
Organiza: Deputación Provincial da Coruña
Colabora: Concello da Baña



