As nenas e nenos que participaron no campamento lúdico-deportivo que organizou o Concello da Baña durante o mes de xullo despedíronse o pasado martes dunha actividade coa que puideron gozar durante todo o mes. O 31 de xullo fixeron unha visita á piscina, onde recibiron os correspondente diplomas por asistir ao curso de natación que se organizou en xullo. Despois o mago Cayetano Lledó sorprendeu aos participantes do seu espectáculo de maxia. A degustación dun pequeno piscolabis puxo o punto e final a varias semanas de xogos e diversión.