• Contemplan a instalacion de 31 aeroxeneradores nos concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra

  • A documentación pode consultarse no Concello e corresponde ao estudo de impacto ambiental, á solicitude de autorización previa e ás infraestrutuas de evacuación

  • O prazo para presentar alegacións remata o 26 de novembro

Exposición pública

Coa súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), a Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia anunciou o pasado 14 de outubro a saída a información pública do estudo de impacto ambiental e da solicitude de autorización administrativa previa dos parques eólicos Monte de Portochán, As Castiñeiras e Monte Silvariño, así como as infraestruturas de evacuación asociadas.

As tres intalacións, promovidas por Green Capital Development, afectan aos concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra. Os proxectos prevén a instalacións de once xeneradores nos parques de Monte de Portochán e de Monte Silvariño, que terán unha potencia de 66MW, mentres que o de Castiñeiras terá 54MW e nove aeroxeneradores.

O proxecto das instalacións e o estudo de impacto ambiental pode consultarse no Concello da Baña e na sede electrónica da Delegación do Goberno en Galicia (en Procedimentos de información pública dentro do apartado Proxectos, campañas e información) e tamén no seguinte enlace: https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/f0049d493ddedc86bb652e633e86fd5573c9551c.

A Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia (Praza de Ourense, número 11. 15003-A Coruña) encargarase da tramitación da autorización administrativa previa e a avaliación do impacto ambiental dos parques. Por este motivo, é o órgano competente ante o que se poden presentar as alegacións que se estimen convenientes. O prazo remata o 26 de novembro.

A veciñanza da Baña pode consultar xa na Casa Consistorial a documentación correspondente ao proxecto de evacuación conxunta dos parques eólicos Barrosino e Vilartoxo, que a empresa Capital Green Power ten previsto instalar no municipio. O proxecto pódese consultar tamén no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e no seguinte enlace: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0074.html.

A documentación permanecerá en exposición pública durante un prazo de 30 días para que as persoas interesadas poidan presentar alegacións. Recompila a solicitude de autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto de evacuación dos parques.

Unha vez máis, o Concello anima as persoas afectadas a facer as reclamacións que considere oportunas e ponse á súa disposición para analizar os diferentes informes.

  • Os proxectos sométense a exposición pública no salón de plenos da casa consistorial

  • As persoas interesadas poderán consultar a documentación coa axuda dun gabinete xurídico o mércores 22 de setembro

  • Deberán solicitar cita previa chamando ao teléfono 981 886 501

Parque Eolico

O Concello da Baña vén de promugar senllos bandos nos que informa á veciñanza da exposición no salón de plenos da casa consistorial dos proxectos de dous novos parques eólicos que teñen previsto instalarse en parroquias bañenses. O Concello comprométese a estudar a documentación, ofrécese a prestar asesoramento e anima ás persoas afectadas a presentar alegacións.

O primeiro dos bandos diríxese á veciñanza das parroquias de Troitosende e Lañas para que consulten o proxecto do parque eólico de Vilartoxo, que recolle a colocación de aeroxeneradores nos concellos da Baña e de Val do Dubra. A información relativa ao proxecto pode lerse no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 7 de setembro de 2021, ademais de no taboleiro de anuncios da casa consistorial e nesta ligazón. O prazo para presentar alegacións remata o 20 de outubro do presente ano.

Por outro lado, o Concello comunícalles ás veciñas e veciños das parroquias de Marcelle, O Barro e San Vicenzo que tamén saíu a exposición pública durante un prazo de 30 días o proxecto do parque eólico de Barrosino, que contempla a instalación de aeroxeneradores en Marcelle e O Barro. A información vencellada a esta iniciativa publicouse no DOG do 9 de setembro e está dispoñible no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e neste enlace. As alegacións poden presentarse ata o 22 de outubro.

O Concello pon a disposición de todas as persoas afectadas un gabinete xurídico que lles axudará a consultar a documentación na mañá do vindeiro mércores 22 de setembro entre as 9.00 e as 14.00 horas. Para poder ser atendidas, haberán de solicitar unha cita chamando ao teléfono 981 886 501.

Os bandos poden lerse nos documentos adxuntos.

Parque Eolico

A veciñanza da Baña pode consultar xa na Casa Consistorial a documentación correspondente á instalación da liña de alta tensión do parque eólico de Troitomil, que permanecerá en exposición pública durante un prazo de 30 días. 

Co desenvolvemento eléctrico, a empresa Capital Green Power dá un paso máis de cara á construción dun parque eólico entre os concellos da Baña e Negreira. O Concello da Baña préstase a estudar a iniciativa e ofrécese a colaborar coas veciños e veciños para que poidan presentar alegacións.

Ademais de no Concello, a documentación tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e nos seguintes enlaces:

  • Acordo do 5 de outubro de 2021:

http://descargas.xunta.es/4c22841a-23f0-4391-865b-020b3e5db2d11633512316125

Documentación Técnica do Proxecto:

  • Proxecto Execución (Abril2021-vsdo.18/05/2021).

http://descargas.xunta.es/6cbb0f08-b4dd-423d-9121-3ddf33785f8a1632994217728

  • Plano Xeral do Parque Eólico.

http://descargas.xunta.es/7ebc79ab-01fa-42cf-b734-7394f9f526781632994277632

  • Estudo de Impacto Ambiental (EIA) (Maio2021-asdo.01/06/2021).

http://descargas.xunta.es/3493af94-1233-4490-8776-e7656c4f51e61632990392568

  • Proxecto de Interese Autonómico (Abril2021-vsdo.18/05/21).

http://descargas.xunta.es/724f715e-aa71-47e4-815d-b915b4936d461632994999776

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o acordo polo que se somete a exposición pública durante o prazo de 30 días o parque eólico de Barrosino, no concello da Baña. A empresa Green Capital Power ten previsto instalar tres aeroxeneradores, cunha potencia total de 13,5 MW, no Alto da Pedrida Santa Mariña.

O Concello da Baña anima á veciñanza a consultar este proxecto e presentar as súas alegacións antes do 22 de outubro de 2021. Así mesmo, o Concello analizará toda a documentación relativa ao proxecto para ofrecer asesoramento e remitir as alegacións oportunas.

O proxecto de execución do parque eólico de Barrosino, o plano xeral do proxecto do parque eólico, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal poden consultarse no portal de transparencia da Xunta de Galicia neste enlace, así como no taboleiro de anuncios do consistorio e nos enlaces que a continuación se detallan.

Documentos relacionados:

Anuncios no DOG: