- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Medio ambiente
- Visitas: 1382
A vindeira recollida de plásticos agrícolas realizarase na Baña o luns, 8 e xuño. Trátase dun servizo gratuíto para a veciñanza e a empresa encargada desprázase ata o domicilio das persoas interesadas, se bené preciso anotarseantes do venres, día 5 de xuño, chamando ao teléfono do Concello 981 886 501.
Segundo datos da Xunta, a cantidade de plástico agrícola (plástico e bolsas de silo, plástico de invernadoiro) que se xera en Galicia ao longo dun ano é de aproximadamente 7.700 toneladas. A práctica habitual do vertido ou da incineración de xeito incontrolado supón un problema medioambiental, polo que os agricultores e gandeiros deberán recoller e xestionar correctamente os plásticos agrícolas que xeran da súa actividade.
A Consellería de Medio Ambiente pon a exposición pública os parques eólicos de Barrosino e Vilartoxo
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Medio ambiente
- Visitas: 1793
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de comunicarlle ao Concello da Baña que se vai iniciar a avaliación de impacto ambiental de dous parques eólicos solicitados pola empresa Gren Capital Power SL en terreos do termo municipal da Baña. A documentación pódese consultar na web da Consellería durante 30 días.
O parque eólico do Barrosino solicitado por Gren Capital Power SL consta de 3 aeroxeradores dunha altura de 127,5 metros de altura, cun diametro de rotor de 145 m e capacidade para xerar 13,5 MW (megawatios).
O parque eólico de Vilartoxo situarase nos municipios da Baña e Val do Dubra, e consta de 6 aeroxeradores de 127,5 metros de alto e un diámetro e rotor de 145 metros (4 deles estarán na Baña), con capacidade para xerar 27 MW. Na Baña, afectará a montes das parroquias de Lañas, Troitosende e Cabanas.
A Consellería comunicoulle ao Concello o pasado martes o inicio da tramitación do parque de Barrosino, e hoxe a do expediente de Vilartoxo.
A documentacion pódese consultar na web da Consellería de Medio Ambiente, neste enlace:
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Medio ambiente
- Visitas: 1068
O Diario Oficial de Galicia publicou o luns 27 de xaneiro unha orde de axudas da Consellería de Medio Rural destinada a realizar accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios ou desastres naturais e para incrementar a capacidade de adaptación e o valor ambiental dos montes.
Trátase de dúas liñas de axudas das que se poden beneficiar tanto propietarios particulares como sociedades de fomento forestal (Sofor), agrupacións de propietarios, cooperativas agrarias, proindivisos, entidades locais ou comunidades de montes mancomunados. Unha das liñas de actuación busca promover prácticas como rozas, rareos e podas, co obxectivo de previr os incendios. Mentres, a segunda liña de axudas persegue incrementar o valor ecolóxico dos montes que non teñen carácter produtivo a través dos tratamentos silvícolas xa mencionados ou de plantacións puntuais de determinadas árbores.
As axudas para este exercicio están dotadas con 13 millóns de euros e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Para máis información, pode consultar a resolución publicada no DOG neste enlace.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Medio ambiente
- Visitas: 2026
O Concello da Baña informa de que a partir de hoxe, mércores 25 de marzo, os contedores do lixo estarán sempre abertos para evitar o contacto de veciños e veciñas coa superficie das tapas e contribuír así a frear a propagación do Covid-19. O Concello pide a colaboración veciñal para deixar abertas tanto a cuberta dos contedores verdes de residuos orgánicos como a pequena tapa dos colectores de plástico, de cor amarela.
Por outra banda, o Concello informa de como ha de ser a xestión dos residuos nos domicilios. Así, naqueles fogares nos que non se rexistrasen casos positivos por coronavirus nin estean en corentena, a separación de residuos realizarase como se viña facendo habitualmente. O Ministerio de Sanidade, a través dunha orde publicada no BOE, lémbralle á cidadanía a importancia de optimizar a recollida separada do lixo. Tamén indica que as luvas de látex ou nitrilo non son envases e polo tanto non deben depositarse no contedor de envases lixeiros (amarelo).
No caso de fogares positivos ou en corentena por Covid-19, o Ministerio de Sanidade recomenda eliminar os residuos do paciente seguindo este protocolo:
- Depositar os residuos e o material desbotable utilizado pola persoa enferma (luvas, panos, máscaras) nunha bolsa de plástico (BOLSA 1) nun caldeiro do lixo disposto no cuarto, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha separación para a reciclaxe.
- Pechar adecuadamente a bolsa de plástico (BOLSA 1) e introducila nunha segunda bolsa de lixo (BOLSA 2), á beira da saída do cuarto, xunto coas luvas e a máscara utilizada polo/a coidador/a. Pechar adecuadamente esta bolsa antes de saír do cuarto.
- Depositar a BOLSA 2 xunto co resto de residuos domésticos nunha bolsa do lixo (BOLSA 3), correspondente ao caldeiro de fracción resto. A BOLSA 3 tamén se pechará adecuadamente.
- Inmediatamente despois do tratamento de residuos, realizarase unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos durante 40 ou 60 segundos.
- A BOLSA 3 depositarase exclusivamente no contedor de fracción resto.
Pode consultar no arquivo adxunto a Orde SND271/2020, do 19 de marzo, pola que se establecen instrucións sobre xestión de residuos na situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Medio ambiente
- Visitas: 1169
A vindeira recollida de plásticos agrícolas realizarase na Baña o luns 10 de febreiro. Trátase dun servizo gratuíto para a veciñanza e a empresa encargada desprázase ata o domicilio das persoas interesadas, se ben é preciso anotarse antes do venres día 7 chamando ao Concello (981 886 501).
Segundo datos da Xunta, a cantidade de plástico agrícola (plástico e bolsas de silo, plástico de invernadoiro) que se xera en Galicia ao longo dun ano é de aproximadamente 7.700 toneladas. A práctica habitual do vertido ou da incineración de xeito incontrolado supón un problema medioambiental, polo que os agricultores e gandeiros deberán recoller e xestionar correctamente os plásticos agrícolas que xeneran da súa actividade.