O Concello da Baña anuncia a contratación dunha (1) persoa para o posto de condutor tractorista baixo a modalidade de contrato temporal así como a creación dunha bolsa de emprego para cubrir prazas de condutor-tractorista.

Requisitos: os establecidos nas bases que regulan a convocatoria

Presentación de solicitudes: Cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no periódico, no Rexistro Xeral da casa do Concello de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, ou polos medios regulados na Lei 39/2015, conforme ao previsto nas bases.

As bases que regulan a convocatoria pódense consultar no arquivo adxunto.

Attachments:
Download this file (20200220_anuncio_contratacion_tractorista.pdf)20200220_Anuncio_contratacion_tractorista[20200220_Anuncio_contratacion_tractorista]85 kB
Download this file (20200220_Bases_convocatoria_tractorista.pdf)20200220_bases_convocatoria_contratacion_tractorista[20200220_bases_convocatoria_contratacion_tractorista]84 kB

20191215 ALI1269

A novena edición do Mercadiño de Nadal da Baña atraeu ata o polideportivo de San Vicenzo a preto de corenta artesáns e comerciantes que montaron postos de artesanía, alimentación, flores e xoguetes nunha xornada na se deron cita xa nenos e nenas dende primeiras hora da mañá, para montar na zorra de Papá Noel e participar nos xogos que prepararon os membros do obradoiro de emprego Xóvenes 2019.

20191215 ALI1243

Os Campantes da Baña foron os encargados de poñer a música e animar aínda máis un ambiente festivo, no que moitos dos visitantes aproveitaron para mercar os últimos agasallos destas datas. E precisamente todas as persoas que fagan algunha compra neste Mercadiño de Nadal participan no sorteo dunha cesta chea de agasallos doados polos postos presentes no mercado.

Xa pola mañá, a cativada gozaba na ludoteca que preparou a organización e nos xogos que dinamizaban os mozos e mozas menores de 30 anos de Val do Dubra, A Baña, Negreira, e Santa Comba que participan no obradoiro de emprego Xóvenes 2019, que se están formando nas actividades de animación física, deportiva e recreativa.

E despois de xantar chegaron os espectáculos preparados especialmente para os máis novos, co ‘Autoestopista intergaláctico’ de Aitor Zamuz e o ilusionismo de Martín Camiña, aínda que o gran protagonista da xornada foi, sen dúbida, Papá Noel, que chegará as seis da tarde do seu saco cargado de ilusións e agasallos para todos os participantes.

20191215 ALI1224

No polideportivo de San Vicenzo –ata onde se trasladou o Mercadiño de Nadal por culpa do mal tempo– había postos con produtos artesáns feitos en madeira, roupa, cestos, bisutería, conchas e tamén xabóns naturais. Entre os produtos de alimentación que se poden mercar hai conservas, mel, galletas e de panadería. A todo elo engádense flores e xoguetes para que todo o mundo poida atopar os últimos regalos que facer neste Nadal.

Para xantar, pulpería Mambís encargouse de preparar polbo e churrasco para saciar os padais máis esixentes, ou algún que outro churro que do posto de Marisú. 

Papa noel

Coa tarde chegou o momento máis especial para toda a veciñanza. Os nenos e nenas (e os que non o son tanto) entragaron as súas cartas a un Papá Noel que visitou por adiantado o Concello da Baña e que ademais de escoitar as peticións da cativada, regaloulles petiscos para que recuperaran as forzas despois de dalo todo cos espectáculos de Aitor Garuz e Martín Camiña. No sorteo da cesta de Nadal, a gañadora foi Lucía Mayo López.

Album de fotos no Facebook do Concello da Baña (neste enlace)

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, participou este venres na apertura do obradoiro de emprego de Santa Comba, compartido coa Baña, Negreira e Val do Dubra que oferta 20 prazas para formar 10 alumnos en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e a outros 10 en Instalación de Elementos de Carpintaría. As accións que se levarán a cabo no concello da Baña inclúen o acondicionamento do terreo de Eiroa e a fabricación de revestimentos de madeira para os contedores de residuos.

20191108 Obradoiro melloraOs participantes neste taller de formación e emprego dual poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro.

Concretamente, en conservación e mellora de montes levaranse a cabo limpezas e acondicionamentos en terreos municipais, zonas verdes, áreas recreativas, pistas deportivas, masas comúns, campos de fútbol e camiños en todos os concellos participantes. Pola súa banda, o Concello da Baña gozará do acondicionamento do terreo de Eiroa e o revestimento de madeira de contedores de residuos, entre outras accións.

Ovidio Rodeiro destacou que “o obxectivo é seguir formando os desempregados dos concellos galegos para incrementar as súas posibilidades de atopar un emprego, especialmente nos do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación das empresas da contorna”.

Na súa intervención lembrou que “na comarca de Santiago está prevista a realización dun total de 8 talleres dos cales 5 deles son de carácter ordinario, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 3 de garantía xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá en políticas activas de emprego na comarca máis de 2,1 millóns de euros. O obradoiro ‘Mellora2019’ conta cun orzamento de 336.000 euros.

Os obradoiros duais son os de Ordes, compartido con Mesía e Frades; o de Touro, compartido con Boqueixón e Vedra; o de Ames, compartido con Brión; o de Santa Comba, compartido con Negreira, A Baña e Val do Dubra e o de Santiago de Compostela. Pola súa banda, os obradoiros de garantía xuvenil impartiranse en Santiago de Compostela; en Rois compartido con Padrón e Dodro e en Val do Dubra compartido coa Baña, Santa Comba e Negreira.

Estes obradoiros permitirán que un total de 142 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais serán de 9 meses e os de garantía xuvenil de 6 meses.

O alcalde do Concello da Baña, José Antonio Pereira Gil, e o portavoz do Partido Popular, Andrés García Cardeso, estiveron presentes no acto de apertura do obradoiro de emprego.

 

ImagenDOGConsellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe do Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se realiza a convocatoria para o ano 2020, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020. 

As persoas interesadas en obter esta cualificación teñen 20 días hábiles de prazo para inscribirse 

neste procedemento, para o que se convocan 1.800 prazas. Poden solicitar máis información no departamento de Desenvolvemento Local do Concello da Baña ou no teléfono 981 886 777 ou no 650 886 501.

As cualificacións profesionais incluídas nesta convocatoria son as seguintes:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas. 
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas. 
  • Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
  • Docencia da formación para o emprego (SSC448_3): 100 prazas.
  • Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 150 prazas. 
  • Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas. 
  • Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 75 prazas. 
  • Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2): 150 prazas, nas unidades de competencia: – UC0080_2 Vixilar e protexer bens e persoas evitando a comisión de delitos e infraccións. – UC0081_2 Acompañar as persoas para a defensa da súa integridade física. 
  • Instrucción en ioga ( AFD616_3): 150 prazas.
  • Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 75 prazas.

20191016 APRAZADA cartel FB post

O Concello da Baña acaba de aprazar a celebración do Feirón da Re-Volta, previsto para este domingo na carballeira do Seilán dende as 11.00 horas. O equipo de goberno e os técnicos municipais adoptaron esta decisión ante a previsión de choiva para esta fin de semana e a situación na que se atopa a propia carballeira despois das fortes choivas destes días.

Aínda que non chega a estar asolagado, o terreo da carballeira do Seilán e os arredores están moi húmidos polas últimas choivas, e ante a previsión de máis precipitacións para esta fin de semana, o equipo de goberno tomou a decisión de pospoñer para outra data a celebración da Re-volta, que quere recuperar  a tradición das feiras que se celebraban na comarca a mediados do século pasado.

A data na que se celebrará a terceira edición da Re-Volta anunciarase proximamente.