20200930 Mocidade 02A Casa da Cultura de Negreira acolleu hoxe, 30 de setembro, a presentación do programa de emprego Mocidade 2020, promovido polo Concello de Negreira coa colaboración dos municipios da Baña, Santa Comba e Val do Dubra.

Un total de 16 mozos e mozas menores de 30 anos formaranse durante un período dun ano, nas especialidades de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e na de fábricas de albanelería. O proxecto conta cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, que ascende a 369.492,32 euros.

No acto de presentación de Mocidade 2020 interviron o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis; o rexedor da Baña, José Antonio Pereira Gil; e o alcalde de Santa Comba, David Barbeira. Tamén participou a directora de Mocidade 2020, Alicia Blanco Sande, así como a axente de Desenvolvento Local do Concello de Negreira, Sonia Ponte Esturao.

 

 

20200930 Mocidade 03