- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1353
A escritora bañense Beatriz Corzón Couto presentará o vindeiro venres, 15 de marzo, o seu libro ‘Se eu fora ti’. O acto celebrarase na casa da cultura da Baña a partir das 21.00 horas.
En palabras da autora e veciña de Emes, esta obra versa sobre o trastorno bipolar e ten unha parte de autoaxuda e outra autobiográfica.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1038
O Concello da Baña celebrou este sábado, 9 de marzo de 2019, o desfile de carrozas e comparsas de Entroido, no que resultou gañadora ‘As carolinas van de romaría’ en ambas categorías. En categoría individual, o premio aos mellores disfraces foi para ‘Globo aerostático’ e ‘Pulpo á feira’, en infantil e adulto, respectivamente. Contra todo prognóstico a choiva deu unha tregua e respetou o desfile no que a participación foi un éxito total. Mellorando cifras de anos anteriores, a categoría de infantil contou con 3 parellas e 4 individuais e a adulta con 3. Tamén houbo 11 comparsas e un total de 6 carrozas. En total, repartíronse máis de 700 euros que conseguiron levar para á casa os gañadores de cada categoría.
A parella que inaugurou o desfile foron os ‘Transformers’. Estes dous cativos superaron a súa timidez e abriron o paso todo un ‘Ciclista profesional’, que mostrou as súas habilidades sobre a bicicleta. ‘Brancaneves e o Príncipe’ interpretaron á perfección os seus papeis e a ‘Cantajuegos’ conseguiu animar ao público. O ‘Globo Aerostático’ e as ‘Minnies’ non tiveron ningún obstáculo durante o seu paseo gracias á pequena ‘Operaria de Estradas’.
Os máis maiores ensinaron o seu gran sentido de humor ao aparecer disfrazados de ‘Curita Cañón’, ‘Arale con Batman’ e ‘Pulpo á feira’. Chegados a este punto o nivel era difícil de superar pero as carrozas e comparsas deixaron aos presentes coa boca aberta. Nas categorías grupais apareceron personaxes tan famosas coma ‘A loca dos gatos’, ‘Baby Shark’ ‘Como adestrar ao teu dragón’, ‘Os Trolls’ e a ‘A saia da Carolina’. O toque reivindicativo puxérono ‘A reunión mundial de sogras’ e os integrantes de ‘Barcala en Forma’. A creatividade encheu o Concello da Baña un ano máis gracias á ‘Aula das Xirafiñas’, ‘O pequeno astronauta’ e ‘A onde van as bolboretas’.
Despois do animado desfile tocou ir comer o chocolate con churros ao polideportivo municipal, no que a cativada tivo ademais colchóns inchables nas que pasar un bo rato. O Entroido 2019 da Baña foi un éxito total gracias á gran participación da veciñanza.
Gañadores
Comparsas: ‘As carolinas van de romaría’, ‘Reunión mundial de Sojras’, ‘Alacráns dourados’ e ‘A aula das xirafiñas’.
Carrozas: ‘As carolinas van de romaría’, ‘A Baña sharks’, ‘Barcala en forma’ e ‘Aula das xirafiñas’.
Individual: ‘Globo aerostático’ (infantil) e ‘Pulpo á feira’ (adulto).
Album de fotos no Facebook do Concello da Baña (preme aquí).
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1108
A mellora das comunicacións cos municipios limítrofes, para facilitar a mobilidade da veciñanza, sobre todo con Val do Dubra e Santa Comba, a reforma da piscina municipal de San Vicenzo son algunhas das obras que ven de adxudicar o Concello da Baña por un montante superior aos 750.000 euros, no que se inclúe tamén a rehabilitación do muíño da Calexa, que acaba de rematar. A este investimento hai que engadir outros 400.000 euros que concedeu en febreiro o Ministerio para a Transición Ecolóxica para substituír a iluminación pública actual por tecnoloxía LED en todo o municipio co fin de fomentar o aforro enerxético.
As principais actuacións viarias que vai acometer o Concello da Baña refírense á pavimentación da estrada que vai do límite de Val do Dubra ata Vilacoba (que supón un investimento de 171.191 euros) e a pavimentación da estrada na Ermida e dende o límite de Santa Comba ata o cruzamento de Hedreira (135.525 euros). Unhas actuacións que se complementan co asfaltado e pavimentación de vías públicas nos núcleos de San Cibrán e O Espiño (59.696 €), Agromaior, Ferraces, Vilacova e Folgueira (60.510 €); Nantón e San Mamede (73.933 €), Prousor (46.379); a reforma da piscina de San Vicenzo (73.546 €) ou a humanización do adro en Santa Cristina de Marcelle (76.848 €).
Entre as obras recentemente adxudicadas figuran a colocación de sinais verticais en San Vicenzo e Marcelle (18.181 €) e a subministración e colocación de contedores de lixo e vidro (22.756 €).
Estas actuacións están incluídas no Plan de Obras e Servizos 2018, o primeiro que se tivo que facer polo procedemento de contratación electrónica, un requisito legal que retrasou considerablemente a contratación de obras na práctica totalidade dos concellos galegos.
Ademais destas obras que se acaban de adxudicar, o Concello da Baña vén de rematar a rehabilitación integral na parroquia de Fiopáns do único muíño que segue activo no municipio, o da Calexa, restauración que representou un investimento de 15.637 euros de fondos propios municipais. O Concello substituíu a madeira do interior, puxo un novo tellado e encintou a parede exterior para garantir a conservación deste muíño, no que a veciñanza continúa moendo como hai anos. A rehabilitación do muíño da Calexa xa se intentara hai anos por parte do Concello, cando a Deputación da Coruña sacara o Plan de arquitectura popular. Agora, a veciñanza asinou a cesión necesaria para que o goberno municipal puidese acometer as obras, pero mantendo a titularidade do inmoble. A cambio desta rehabilitación, a veciñanza comprometeuse a permitir a visita dos escolares do municipio, para que poidan coñecer o funcionamento do muíño e o oficio de muiñeiro.
Aforro enerxético
Ademais destas actuacións, o Concello da Baña renovará as instalación e dotacións da rede de iluminación pública do municipio cunha achega de preto de 400.000 euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A axuda solicitada polo Concello en xullo de 2017 financiará unha boa parte da actualización de instalacións de iluminación e sinalización exterior, cuxo custo total será de 493.183 euros.
Os 394.546,96 euros concedidos polo ministerio representan o 80% do investimento, a contía máxima concedida polo FEDER. Con esta actuación, o Concello poderá renovar 2.281 puntos de luz dos 2.327 existentes, cambiando as lámpadas actuais por outras de tecnoloxía LED, que incrementan a iluminación e diminúen o consumo eléctrico. O aforro enerxético estimado é dun 73%, ao pasar a potencia dos 230,82 KW actuais a 81,08 KW cando rematen as obras. As actuacións faranse tanto na substitución das lámpadas como nos cadros eléctricos.
O Concello ten agora un prazo máximo de 6 meses para contratar e adxudicar as obras, e de 18 meses para a súa execución. Unha vez rematadas, máis do noventa por cento da iluminación da Baña será de tecnoloxía LED, o que suporá un considerable aforro enerxético, e permitirá cumprir tamén co Pacto polo clima promovido pola Unión Europea, que vén de asinar o Concello da Baña. Nunha actuación anterior, que estivo financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), xa se substituíran lámpadas por unha tecnoloxía de baixo consumo. A praza do Concello foi unha das zonas nas que xa se colocou iluminación pública de baixo consumo.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1019
O Concello da Baña conmemora mañá o Día Internacional da Muller sumándose á declaración institucional da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que se pode ler no documento adxunto . Con motivo da celebración do 8 de marzo, está organizada unha concentración na Praza do Concello na que se procederá a ler a Declaración Institucional da FEMP a partir das 11.00 horas. A artista local Silvia Capelo fará unha performance durante o acto, para que quede unha obra para o recordo. En caso de choiva, os actos trasladaranse ao centro social e da terceira idade..
Tras 40 anos de democracia local, A Baña aproveita o día Internacional da Muller para mirar atrás e non esquecer de onde vimos. Unha data coma o 8 de marzo invita á reflexión sobre os avances acadados en materia de igualdade de xénero e todo o que aínda queda por conquistar. O 3 de abril de 1979, tras as primeiras elección municipais da democracia España deu a benvida ás “103 alcaldesas do 79”, as primeiras mulleres que conseguiron ocupar ese posto na historia do país.
Estas 103 mulleres tiveron a valentía de dar un paso á fronte e liderar o cambio nos seus municipios. De non ser polas corporacións locais, hoxe en día non poderíamos dicir que hai 1.565 alcaldesas en España, aseguran dende a FEMP. Ao longo de todos estes anos, foron as institucións municipais as que introduciron e impulsaron a necesidade de reflexionar ao redor da evolución das políticas de igualdade, noutras palabras, asumiron o papel de axente de cambio.
Por iso, este 8 de marzo A Baña, e tras acordo unánime de todos os grupos da Corporación, organiza unha concentración na Praza do Concello ás 11.00 horas, no que unha muller leerá a Declaración Institucional da FEMP, e asumida polo concello. A artista local Silvia Capelo sumase a iniciativa cunha performance coa que quere deixar unha obra para o recordo. En caso de choiva, o acto trasladarase ao centro social e da terceira idade. Deste xeito o municipio, xunto coas políticas de igualdade que adopta, aporta o seu gran de area a esta causa.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 974
O Concello da Bañan vén de remitirlles unha carta aos presidentes das diferentes asocaicións sen ánimo de lucro do municipo informándolles de que a Deputación da Coruña acaba de convocar subvencións para a realización de actividades e investimentos de promoción económica en entidades sen ánimo de lucro. A presentación deberá facerse telemática antes do 29 de marzo e, dende a Consellería de Cultura da Baña, ofrecenlles apoio e axudas ás entidades que o precisen e que soliciten cita no teléfono 981 886 501.
A contía económica destas axudas da Deputación oscila entre un mínimo de 1.200,00 € e un máximo de 28.000,00 €. O prazo de solicitude remata o vindeiro día 29 ás 14.00 horas. Os beneficiarios son: Colexios profesionais, cámaras de comercio, asociacións de empresarios e comerciantes, asociacións de veciños e de mulleres rurais, asociacións de cazadores, legalmente constituídas e con domicilio fiscal na provincia da Coruña.
A tramitación de solicitudes farase telemáticamente a través da plataforma SUBTEL, polo que é preciso que os solicitantes dispoñan de certificado dixital ou DNI electrónico e conta de correo electrónico. (https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/acceso/login)
O Boletión Oficial da Provincia da Coruña recolle a convocatoria na publicación do día 01/03/2019 (Extractos da resolución nº 2019/5226 e 2019/5227).
Consulta as bases das convocatorias nas seguintes ligazóns: