- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1235
O Concello da Baña inaugurou hoxe o seu primeiro paso de vaca permanente apoiando así a iniciativa da Casa Grande de Xanceda que ten como obxectivo reivindicar a figura deste animal e da industria leiteira en Galicia, dado que son fundamentais para a riqueza e o emprego no rural, xunto coa figura da vaca como icona da nosa paisaxe. Ademais da Baña, hoxe tamén inauguraron pasos de vacas permanentes os concellos de Mazaricos, Mesía e Santa Comba, catro municipios fortemente relacionados co sector leiteiro, que amplían unha proposta que comezou o ano pasado no centro da Coruña.
O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, asegurou na rolda de prensa realizada esta mañá que “o sector leiteiro achega riqueza e axuda a desenvolver o rural. Iniciativas como o paso de vaca son fundamentais para reivindicalo e poñelo en valor”. Na presentación de hoxe na Casa Grande de Xanceda, o alcalde de Santa Comba, David Barbeira, asegurou que iniciativas como esta son moi necesarias xa que axudan “a que o rural non sexa abandonado”. Para Juan Blanco, alcalde de Mazaricos, supón un honor ser dos primeiros concellos en sumarse ao paso de vaca e agarda que sexan moitos máis os que apoien esta iniciativa.
Galicia é a maior produtora de leite en España e está entre as 10 primeiras da Unión Europea. Con todo, actualmente atravesa momentos delicados debido á baixada dos prezos e do consumo de produtos lácteos. Polo tanto, segue sendo unha boa ocasión para defender o sector lácteo, a vaca e a súa relevancia en Galicia.
Dende Casa Grande de Xanceda queren seguir impulsando esta iniciativa que tanto éxito tivo no 2018 coa inauguración do primeiro paso de vaca permanente no centro da Coruña e da que se fixeron eco tanto medios nacionais como no resto de Europa e incluso en América, informan os promotores. Unha maneira de reivindicar o rural galego e o sector leiteiro, que segue atravesando unha situación preocupante con variacións de prezos e unha diminución constante do consumo de produtos lácteos, o que afecta ás máis de 8.000 familias galegas que viven del. Galicia sofre un gran despoboamento, situación que se estende por todo o territorio rural español. O paso de vaca é unha chamada de atención para que na nosa cesta da compra escollamos produtos locais, que son os que axudan a manter vivo o noso rural.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1015
O GDR Terras de Compostela, no marco da medida Leader 2014-2020, organiza un plan de formación sobre Transformación e Conservación de Productos Agrarios durante os días 3, 5, 12, 17, 19, 24 e 26 de setembro no Centro Socio Cultural do Castiñeiriño (Rúa Virxe de Fátima, 2, 15570, Santiago de Compostela).
A actividade desenvolverase entre as 16.30 e as 20.30 horas e é necesaria a inscrición previa. Os interesados poden anotarse enviando un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ou chamando ao 981 81 83 57.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1377
Xoves, 27 de xuño de 2019
Listado de aspirantes admitidos e excluídos para o proceso de contratación dun socorrista para a piscina municipal da baña.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Venres, 21 de xuño de 2019
O Concello da Baña anuncia a contratación de socorrista para a piscina municipal durante a tempada estival, segundo a convocatoria do programa de subvencións a concellos do interior da provincia da Coruña para menos de 50.000 habitantes durante o ano 2019 da Deputación Provincial da Coruña.
As bases reguladoras pódense consultar no documento adxunto, e tamén descargar o modelo de instancia para presentar a solicitude
Prazo de presentación de solicitudes: Cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación na web do concello e no taboleiro, no Rexistro xeral do concello.
Os requisitos que deben cumplir os aspirantes póndese consultar no punto terceiro das bases.
O anuncio e as bases póndese consultar nos documentos adxuntos
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 2425
Mércores, 17 de xullo de 2019.
Fanse públicos os resultados finais do proceso de contratación, en réxime de persoal laboral temporal, dun capataz, un peón condutor e tres peóns para a creación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2019.
A listaxe pódese consultar no documento adxunto.
Venres, 12 de xullo de 2019.
Faise pública a listaxe de persoas que superaron a proba escrita do proceso de selección de persoal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
O Tribunal de Selección convoca ás persoas que figuran na listaxe o vindeiro martes 16 de xullo ás 9.30 horas na casa do Concello para levar a cabo a fase de entrevista.
O documento pódese consultar nos arquivos adxuntos a esta páxina.
Mércores, 10 de xullo de 2019.
Faise pública a listaxe de admitidos no proceso de selección para a contratación laboral de cinco persoas para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
A listaxe pódese consultar no documento adxunto.
Sábado, 29 de xuño de 2019.
Faise público o anuncio e as bases para a provisión, en réxime de persoal laboral temporal, dun capataz, un peón condutor e tres peóns para a creación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2019.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 9 de xullo
Nos documentos adxuntos pódense consultar as bases e descargar a instancia para presentar as solicitudes.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1059
4 xuño 2019
A comisión seleccionadora para a selección do persoal para cubrir as prazas ofertadas de 3 peóns, logo da entrevista realizada, fai pública a súa proposta de contratación. A acta pódese consultar no documento adxunto
4 xuño 2019
A comisión seleccionadora para a selección do persoal para cubrir as prazas ofertadas de 2 albaneis, logo da entrevista realizada, fai pública a súa proposta de contratación. A acta pódese consultar no documento adxunto
20 maio 2019
Ante os resultados da selección de persoal, para as prazas de peón de obras públicas e oficial segunda, feito pola Oficina de Emprego Santiago-Norte, a través das ofertas 12-2019-4009 e 12-2019-4017, acórdase convocar ás persoas candidatas preseleccionadas para o martes día 28 de maio, ás nove horas, para a realización dunha entrevista.
20 maio 2019
A continuación atópase a aprobación das bases para a contratación de persoal laboral para cubrir 2 prazas de oficiais de 2ª e de 3ª de peóns de obras públicas a tempo parcial 25 horas semanais durante 5 meses.