Venres, 18 de setembro de 2020
Faise pública a resolución da alcaodía pola que se anuncia a contratación dunha técnico superior de educación infantil para cubrir unha baixa por maternidade segundo orde de chamamentos de bolsa de contratación do PUnto de Atención á Infancia (PAI), no Concello da Baña.
A contratación prodúcese tras quedar vacante a praza o 17 de s etembro.
A resolución da alcaldía pódese consultar no documento adxunto.
Xoves, 3 de setembro de 2020
Faise público o decreto da alcaldía polo que se anuncia a contratación dunha técnico superior de educación infantil para cubrir unha baixa por maternidade e creación de bolsa de emprego no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña.
O decreto pódese consultar no documento adxunto.
Mércores, 2 de setembro de 2020
Faise pública a puntuación das candidatas que superaron o proceso seletictivo para a selección e nomeamento como persoal laboral temporal dun/dunha técnico/a superior de educación infantil para cubrir unha baixa por maternidade e creación de bolsa de emprego no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña.
As puntuacións pódense comprobar no documento adxunto.
Venres, 28 de agosto de 2020
Faise pública a orde de lectura do exercicio no proceso para a selección e nomeamento como persoal laboral temporal dun/dunha técnico/a superior de educación infantil para cubrir unha baixa por maternidade e creación de bolsa de emprego no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña.
Nota: As iniciais que aparecen nesta lista correspóndense a NOME e APELIDOS, por esta orde.
- Venres 28, a partir das 12.00 horas:
De A.A.A. ****9628J
Ata R.M.F.G. ****6173N - Venres 28, a partir das 16.00 horas:
De N.F.V. ****7927V
Ata V.P.R. ****0975A - Luns 31, a partir das 9.30 horas:
De A.P.G. ****4060Z
Ata M.D.V.A. ****8966R
Mércores, 26 de agosto de 2020
Faise pública a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista definitiva, determínase a composición do tribunal e fíxase a data do exame para a selección e nomeamento como persoal laboral temporal dun/dunha técnico/a superior de educación infantil para cubrir unha baixa por maternidade e creación de bolsa de emprego no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña.
Comunícase que a proba práctica se realizará o venres 28 de agosto de 2020 ás 9.00 horas no pavillón municipal sito en rúa do Colexio s/n. Rematada a proba práctica, os/as aspirantes procederán á lectura do exercicio realizado de acordo coa orde de actuación que decida o tribunal e continuarase, de ser necesario, o luns 31 de agosto ás 9.00 horas. Os/as aspirantes deberán concorrer provistos/as do seu DNI e máscara e respectarán as medidas que se indiquen para garantir a seguridade e o distanciamento social recomendadas polas autoridades sanitarias por mor da crise da covid-19.
Nos documentos adxuntos pódese consultar a resolución da alcaldía coa lista definitiva, a composición do tribunal cualificador e a data do exame, así como a dilixencia de corrección de erro ao respecto da lectura do exercicio.
Martes, 18 de agosto de 2020
Faise pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para contratar en réxime de persoal laboral temporal a un/unha técnico/a superior de educación infantil para cubrir unha baixa de maternidade e creación de bolsa de emprego no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña.
Pode consultar a lista no documento adxunto a esta nova.
Venres, 7 de agosto de 2020
Fanse públicas as bases do proceso de selección e nomeamento como persoal laboral temporal dun/dunha técnico/a superior de educación infantil para cubrir unha baixa por maternidade, ao tempo que crea unha bolsa de emprego vencellada ao Punto de Atención á Infancia
(PAI) da Baña.
As solicitudes poderán presentarse ata o 17 de agosto de 2020.
As bases pódense consultar no documento adxunto.