- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visto: 358

O Concello da Baña recibirá unha subvención de 6.493,25 euros da Deputación da Coruña para financiar a contratación dun socorrista en 2024 para a piscina municipal.
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o pasado 15 de abril, a resolución definitiva pola cal se lle concede este importe ao Concello bañense ao abeiro da convocatoria do programa FO023B para a convocatoria do programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio de 2024.
A resolución do BOP pode consultarse no documento adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visto: 828

O Concello da Baña organiza un campus deportivo para axudar ás familias a conciliar durante as vacacións de Semana Santa. A actividade é gratuíta e vai destinada a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos.
O campus desenvolverase os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As sesións realizaranse nas instalacións deportivas municipais, adaptándose ao lugar máis axeitado tendo en conta as características das actividades e as condicións meteorolóxicas previstas.
As inscricións poderán formalizarse chamando aos teléfonos 981 886 501 e 669 368 413, desde o luns 11 ata o 18 de marzo. A partir do martes 19 de marzo, procederase a contactar coas familias dos participantes para proporcionarlles toda a información necesaria.
Este campus deportivo ofrécelle a oportunidade a nenas e nenos de gozar dunha Semana Santa activa e saudable, participando en diversas actividades deportivas e lúdicas baixo a supervisión de monitorado cualificado. Está organizado polo Concello da Baña en colaboración coa Sociedade Deportiva A Baña e coa Deputación da Coruña.
As bases poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visto: 810
-
O alcalde José Antonio Pereira e a concelleira de Deporte, Ana Pensado, presidiron a entrega de trofeos
-
O pavillón de Lañas acolleu os encontros das 36 parellas divididas en cinco categorías
-
Jano e Chu foron os gañadores na 2ª Masculina

O bo ambiente, a camaradería e as ganas por desfrutar do deporte acompañaron a celebración da segunda edición do Torneo de Pádel A Baña que se disputou esta fin de semana.
O pavillón polideportivo de Lañas acolleu a competición cun récord de participación de 36 parellas que completaron o cadro de encontros do sábado e do domingo amosando o seu talento e as súas habilidades.
O evento, organizado polo Concello da Baña, disputouse en cinco categorías coa parella formada por Nuria e Rocío como campioa na categoría Iniciación feminina. Noelia e Gemma foron as segundas clasificadas.
En 3ª Mixta venceron Óscar e Mónica, que superaron na final a Damián e a Alicia, e en 3º Masculina os gañadores desta edición foron Miguel e Luis, con Pepe e Santi segundos na clasificación.
Ademais, Jano e Chu foron os mellores na 2ª Masculina tras vencer a Iván e a Damián no encontro definitivo.
A alcalde da Baña, José Antonio Pereira, e a concelleira de Deporte, Ana Pensado, foron os encargados de entregar os trofeos ás parellas vencedoras a amosaron a súa disposición a continuar coa celebración deste torneo xa que cada vez son máis as parellas que confirman a súa disposición a participar.
Galería de fotos do II Torneo de Pádel A Baña, nesta ligazón: https://www.facebook.com/ConcellodaBana/posts/776908211134029
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visto: 660

O Concello da Baña recibirá unha subvención de 15.000 euros da Deputación da Coruña para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2024.
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o pasado venres, 16 de febreiro, a resolución definitiva pola cal se lle concede este importe ao Concello bañense ao abeiro da convocatoria do programa FO106: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2024.
A resolución do BOP pode consultarse no documento adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visto: 1339
-
Un total de 35 parellas tomarán parte nesta competición que se disputa no pavillón de Lañas o sábado e o domingo
-
Establécense ata cinco categorías cun cadro principal e un de consolaciónHaberá obsequios de benvida para todos os participantes
O II Torneo de Pádel Concello da Baña disputarase esta fin de semana cun récord de participación. Un total de 35 parellas tomarán parte na segunda edición deste campeonato que se celebra nas pistas do pavillón de Lañas o sábado 27 e o domingo 28 de xaneiro e que confirma o compromiso do Concello da Baña coa promoción do deporte.
O II Torneo de Pádel da Baña inclúe ata 5 categorías neste 2024: iniciación feminina; 2ª masculina; e 3ª masculina, feminina e mixta a petición da propia veciñanza pese a que non se cubrían o número mínimo de parellas en algúns dos grupos.
En cada categoría disputarase un cadro principal e un cadro de consolación.
Todos os participantes recibirán obsequios de benvida. Tamén levarán premio, consistente en trofeo máis material deportivo, as persoas finalistas de cada categoría.
Os cadros de xogo e os horarios definitivos poden consultarse nas imaxes a continuación.






