20220416 Memorial Ivan Paredes web

O Memorial Iván Paredes celebrado este sábado, 16 de abril, no campo de Cartas na Baña, recadou máis de mil euros que se destinarán na súa totalidade para axuda humanitaria ás vítimas da guerra en Ucraína. O ex xogador internacional do Deportivo, Donato Gama da Silva, realizou o saque de honra dun torneo no que participaron os equipos alevíns e infantís da SD A Baña e da AD Nicrariense, máis os veteranos da Baña e do Advoc Taberna A Roda.

A homenaxe a Iván Paredes, falecido en 2004 aos 15 anos e cando empezaba a despuntar como futbolista, contou coa participación de familiares do mozo bañés. O Concello da Baña agradece a colaboración neste evento de Donato; de Alberto Romar (árbitro do encontro de veteranos); dos clubes participantes; do presidente da A Baña Emprende, Rafa Vieito; do presentador e animador do acto, Miguel Villaverde; de Emilio Lois e o grupo de gaitas; e de toda a xente que colaborou coas súas doazóns e mercando rifas e produtos conmemorativos.

  • A Baña dispón de tres prazas na quenda que vai do 3 ao 8 de xullo //

  • As solicitudes deberán presentarse no Concello ata o 20 de maio //

A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo de inscrición para participar nos Campamentos Deportivos de Verán 2022. Están dirixidos a rapazas e rapaces de entre 9 e 14 anos e celebraranse nas instalacións do instituto Rosalía Mera, na Coruña. Ao Concello da Baña concedéronlle 3 prazas na quenda que vai do 3 ao 8 de xullo. As inscricións realizaranse na casa do concello ata o 20 de maio.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2022

  • Lugar: Instalacións do IES Rosalía Mera, rúa Archer Milton Huntington, 24, A Coruña.
  • Datas: do 3 ao 8 de xullo de 2022.
  • Destinatarios: rapaces/as de entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente ano.
  • Programación: actividades e xogos ao aire libre e nas instalacións do instituto; deportes náuticos, xornada de praia, visitas culturais, deportivas e etnográficas.
  • Prezo: 85 €
  • Inclúe: transporte interno, estadía, manutención e actividades.
  • Número de prazas: 3. Teñen preferencia as/os rapazas/es que non participasen no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores. No caso de ter máis solicitudes que prazas, o Concello realizará un sorteo público diante do secretario.
  • Inscrición: no Concello da Baña ata o 20 de maio.  

Atoparedes máis información e a ficha de inscrición no arquivo adxunto.

  • As axudas destínanse a investimentos en equipamento e infraestruturas, a promoción da actividade física, a participación en competicións e a organización de eventos deportivos

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica hoxe unha batería de subvencións dirixidas a entidades deportivas para axudalos a fomentar a actividade física, dotarse de equipamento, acometer infraestruturas ou organizar eventos de gran envergadura. Tamén recolle as achegas dirixidas aos clubs para cubrir os gastos da súa participación en competicións. A Concellaría de Promoción de Vida Activa e Deportiva da Baña lembra que as solicitudes poderán presentarse dende mañá, martes 8 de febreiro, ata o 18 de abril no caso da organización de eventos e ata o 8 de marzo para o resto das axudas, e poderán xustificarse ata 31 de marzo do vindeiro ano 2023. Tanto as solicitudes como o resto dos trámites realizaranse de xeito telemático na plataforma SUBTEL da sede electrónica da Deputación da Coruña.

Estas son as catro liñas de achegas:

1. Programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2022.

  • Dirixida a entidades de carácter deportivo, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro da Xunta.
  • As axudas oscilan entre un mínimo de 1.000 euros e un máximo de 40.000 para facer investimentos.
  • O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 8 de marzo ás 14.00 horas.

Consulta as bases picando nesta ligazón

2. Programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2022.

  • Dirixida a entidades privadas sen ánimo de lucro, incluídas as federacións deportivas, con domiclio fiscal na provincia da Coruña e que teñan entre os seus obxectivos o fomento do deporte ou a formación en materia deportiva.
  • As achegas abranguen dun mínimo de 1.000 euros a un máximo de 30.000 euros.
  • O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 8 de marzo ás 14.00 horas.

Consulta as bases picando nesta ligazón

3. Programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, que teñan equipos ou deportistas participando competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico durante o ano 2022.

  • Dirixida a clubs, legalmente constituídos e con domicilio fiscal na provincia da Coruña, con equipos ou deportistas en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial ou autonómico. Excepcionalmente, poderán participar clubs que teñan 5 ou menos deportivas individuais que no ano 2022 compitan a nivel nacional ou internacional.
  • As axudas, que se destinarán a sufragar os gastos derivados da participación dos deportistas en competicións oficiais, oscilará entre un mínimo de 1.000 euros e un máximo de 60.000 euros.
  • O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 8 de marzo ás 14.00 horas.

Consulta as bases picando nesta ligazón

4. Programa de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos singulares de especial interese na provincia durante o ano 2022.

  • Dirixida a entidades que acrediten ser as organizadoras dos eventos para os que piden a achega.
  • As axudas oscilarán entre un mínimo de 6.000 euros e un máximo de 70.000 euros.
  • O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 18 de abril ás 14.00 horas.

Consulta as bases picando nesta ligazón.

·        A próxima cita será un obradoiro de  nutrición o sábado 26 de  marzo

·        Maio será o mes da aventura coa práctica de kayak, rafting, corda tirolesa e pontismo

·        O Día do Deporte acollerá exhibicións e competicións de pilates, zumba, tenis de mesa, xadrez, patinaxe, fútbol sala ou petanca

20220311 actividades deportivas

 

Un obradoiro de nutrición que se celebrará o sábado 26 de marzo daralle continuidade ao programa de actividades saudables e deporte que desenvolverá ata setembro o Concello da Baña e que deu comezo o pasado 26 de febreiro cun curso de defensa persoal para mulleres impartido pola adestradora nacional de karate Carolina Vázquez. O programa, organizado pola Concellaría de Promoción da Vida Activa e Deporte e orientado tanto ao benestar físico como psíquico da veciñanza, recolle unha variada oferta que abrangue dende un curso de primeiros auxilios ata talleres de arteterapia ou mindfulness e a práctica de deportes de aventura.

Abril terá dúas citas. A primeira, programada para o sábado 2, será un curso de primeiros auxilios e uso de desfibriladores DESA. A segunda, o sábado 30, centrarase na arteterapia creativa, o mindufulness e o desenvolvemento persoal.

Maio, pola súa parte, será o mes da aventura. Cada sábado dedicarase a realizar ata catro deportes diferentes, como son kayak, rafting, corda tiloresa e pontismo.

Xa en xuño, o día 4 clausurarase o curso das escolas deportivas municipais. O sábado seguinte, día 11, o ioga tomará o protagonismo con Ana Prema e, en data aínda por determinar, farase unha exhibición de patinaxe na que participará alumnado de diversos clubs e que incluirá tamén unha masterclass.

 

O Día do Deporte pechará a programación en setembro cunha xornada festiva dedicada ao desenvolvemento de exhibicións e competicións de distintas modalidades deportivas como pilates, zumba, tenis de mesa, xadrez, patinaxes, fútbol sala ou petanca. 

A Baña desenvolverá ata setembro un amplo programa de actividades saudables e de deporte

 

  • Participaron unha nena e cinco nenos das escolas deportivas municipais

  • Sergio Calvo conseguiu o segundo posto na categoría sub 10 e o terceiro en sub 12

  • Nico Amado foi segundo en sub 12

  • Pedro Varela quedou segundo en sub 14 e Noel Casares, terceiro 

Os integrantes da Escola Municipal de Xadrez da Baña que participaron no torneo provincial da Coruña desputado a pasada fin de semana volveron de Padrón con tres pratas e dous bronces.

O equipo bañense estivo formado por Marta Calvo, Sergio Calvo, Unai Casares, Noel Casares, Pedro Varela e Nico Amado.

Marta, no seu primeiro campionato, logrou 3 dos 7 puntos na categoría sub 8.

Na sub 10 participaron Sergio Calvo, que asinou un segundo posto con 6 de 7 puntos, e Unai Casares, que foi sétimo logo de perder na última partida contra o campión.

A categoría sub 12 contou con Sergio Calvo, que foi segundo con 6 de 7 puntos empatando co primeiro clasificado; Nico Amado, terceiro con 5,5 puntos; e Unai Casares, que fixo 3 puntos.

Por último, en sub 14 hai que salientar o segundo posto de Pedro Varela, con 5 puntos, e o terceiro de Noel Casares, tamén con 5 puntos.

Ademais, Dani Manrique desputou o torneo provincial de Ourense.

Clasificacións:

Sub 8. 

Sub 10.

Sub 12.

Sub 14.