20191230 pandeireteiras da Baña web

O Concello da Baña e a Escola de Música Tradicional organizaron un ano máis a Troula de Nadal, coa colaboración da ACM Os Campantes da Baña. O sábado, 28 de decembro, a música tradicional foi a protagonista nunha velada na que participaron os grupos: Escola de Música Tradicional da Baña, Escola de Pandeireta de Negreira, Grupo de Acordeóns da A.C. Coto da Nai de Aríns; Gaiteiros de Axio Mouro de Santa Comba; Pandereteiras da Baña, Son de Gaita de Sergude e Os Pequenos da Baña. Numerosas persoas achegáronse ata a Escola de Música para bailar, cantar e conversar cos amigos (ver o vídeo resumen neste enlace).

20191230 asistentes Troula Nadal web

20191216 Portada RevistaO Concello da Baña vén de distribuír entre a veciñanza un novo número da revista informativa municipal, que inclúe reportaxes e un resumo das actividades e iniciativas desenvolvidas durante o ano 2019.

En corenta páxinas recóllense informacións que van desde o cambio de goberno e a nova Corporación saída das urnas o 26-M ata as actividades deportivas e culturais que se realizan nas parroquias, pasando pola oferta educativa da Escola Infantil de Lañas ou da Escola Municipal de Música, unha entrevista aos propietarios dunha explotación gandeira, os campamentos de verán, a Festa Rachada ou a festa do Apego, as representacións teatrais... e unha morea de temas.

A revista informativa municipal distribuiuse a todos os domicilios e tamén está dispoñible en formato dixital.

20200101 Cartel curso informaticaO Concello de A Baña organiza un Curso de informática dirixido a persoas adultas, que se levará a cabo a partir do 16 ed xaneiro e que terá unha duración de 6 meses. Esta actividade formativa impartirase os xoves de 10 a 12 horas na Aula de informática do Concello e terá un prezo de 25 euros ao mes. As inscricións faranse nas oficinas da Casa Consistorial, tendo preferencia aqueles veciños e veciñas que estean empadroadas na Baña.

Para máis información, déixase a disposición de todos os interesados o seguinte número de teléfono: 615 401 264.

20191219 Cartel reis magosOs Reis Magos volven un ano máis ao Concello da Baña o 5 de xaneiro. Nesta ocasión, o pavillón municipal será o lugar acondicionado para a súa visita, onde tamén haberá inchables para que a cativada o pase en grande. Ademais, prepararase unha chocolatada para que todos os asistentes collan forza para unha das noites máis máxicas do ano.

O día 6 continuarán as celebracións da man da feira.

20191221 Festival nadalO sábado 21 de decembro o alumnado da Escola Municipal de Música compartirá con toda a veciñanza o aprendido nestes meses co xa tradicional Festival de Nadal. Deste xeito, a partir das 11.00 horas todo aquel que o desexe poderá gozar dunha xornada moi divertida e chea música típica destas datas.