- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visto: 585
Os pequenos e pequenas do PAI da Baña celebraron estes días unhas festas de Entroido moi divertidas e creativas ao tempo. Así, o alumnado do centro de educación infantil participou na confección dun disfrace grupal de pallasos; elaborou coloridos antefaces; e creou complementos feitos con materiais de refugallo, como as gafas realizadas a partir dos cartóns do papel hixiénico. Tamén houbo tempo para o disfrace libre, nun día no que vacas, policías, astronautas ou osos panda tomaron o PAI da Baña para facer unha festa.
Podes ver máis fotos neste album no Facebook do Concello da Baña.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visto: 1285
O CPI de San Vicente organiza unha xornada de portas abertas o vindeiro mércores 4 de marzo ás 16.30 horas para que as familias con fillos e fillas en idade de escolarizar poidan coñecer as instalacións e o proxecto educativo do centro bañense.
O CPI de San Vicente ten prazas vacantes en Infantil, Primaria e ESO. A súa oferta educativa destaca por unha atención personalizada cunha ratio reducida e nunha contorna natural, ademais de contar con servizo de comedor escolar e transporte.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visto: 1153
A Concellaría de Educación e Cultura da Baña vén de convocar o Entroido divertido 2020, un campamento urbano que terá lugar entre o luns 24 e o mércores 26 de febreiro para favorecer a conciliación familiar. Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos e ten un custo de 5 euros para a veciñanza da Baña e de 10€ para os non empadroados no Concello.
O Entroido divertido inclúe obradoiros e actividades lúdicas que se celebrarán nun local na segunda planta da Escola de Música da Baña, xunto a aula de informática, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
As familias interesadas deberán anotarse a partir de hoxe e durante esta semana no Concello da Baña, entregando cuberta a ficha de inscrición que se adxunta nesta nova.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visto: 1343
A Escola Infantil de Lañas abre as súas portas para dar a coñecer a oferta educativa e as instalacións do centro bañense, de cara ao proceso de matriculación para o curso 2020-2021. Deste xeito, as familias que o desexen poderán concertar cita coa dirección para visitar o centro, integrado no Colexio Rural Agrupado Coristanco-Santa Comba. O prazo para solicitar a admisión dos nenos e nenas de 3 a 5 anos para o curso 2020-2021 vai do vindeiro 1 de marzo ao día 20 do mesmo mes.
A escola de Lañas destaca tanto polas súas instalacións, nunha contorna natural; como pola atención individualizada, con grupos reducidos, mediante metodoloxías activas e interdisciplinares. Ademais, a incorporación da unitaria ao Colexio Rural Agrupado favorece a organización de convivencias con outros centros e a posibilidade de contar con mestres e mestras especialistas en inglés, educación física, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e relixión. A Escola Infantil de Lañas dispón tamén de robots educativos, ordenadores, encerado dixital e conexión a Internet.
Aquelas persoas que desexen matricular aos seus fillos ou fillas na Escola Infantil de Lañas no curso 2020-2021, poden concertar unha cita para coñecer o centro chamando aos teléfonos 881 880 552 ou 663 729 504.
Para máis información, descarga o folleto adxunto a esta nova.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visto: 901
A Deputación Provincial da Coruña vén de publicar as convocatorias de axudas de actividades e investimentos culturais e de promoción económica para entidades.
A tramitación será telemática a través da plataforma SUBTEL da Deputación Provincial da Coruña, https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/solicitudes, para todas as fases do procedemento: solicitude, concesión e xustificación, incluíndo en cada unha delas, as notificacións, requirimentos de información e documentación e envíos de documentación. Serán imprescindibles dous requisitos para esta tramitación:
1.- Certificado dixital ou DNI electrónico. Deberán dispor deles:
- a persoa que ocupe a Presidencia da entidade
- a persoa que ocupe a Secretaría da entidade
- a persoa que represente á entidade ante a Deputación (se é distinta das dúas anteriores).
2.- Correo electrónico. A entidade deberá dispor dun enderezo de correo electrónico que non poderá variar ao longo de toda a tramitación do expediente, xa que as comunicacións dirixiranse a ese enderezo.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 6 de marzo de 2020 ás 14.00 horas.
Máis información en https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/infoconvocatorias ou no Concello da Baña, concertando unha cita no teléfono 981 886 501.
Ligazóns de interese
Programa de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores da provincia da Coruña para á realización de actividades durante o ano 2020.
- Bases reguladoras (neste enlace)
- Contías e prazos (neste enlace)
Programa de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores da provincia da Coruña para a realización de investimentos durante o ano 2020
- Bases reguladoras (neste enlace)
- Contías e prazos (neste enlace)
Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2020.
- Bases reguladoras (neste enlace)
- Contías e prazos (neste enlace)
Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2020.
- Bases reguladoras (neste enlace)
- Contías e prazos (neste enlace)
Programa de subvencións dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para á realización de actividades de promoción económica durante o ano 2020.
- Bases reguladoras (neste enlace)
- Contías e prazos (neste enlace)
Programa de subvencións dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para á realización de inversións de promoción económica durante o año 2020
- Bases reguladoras (neste enlace)
- Contías e prazos (neste enlace)
Programa de subvencións para corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato da provincia da Coruña, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2020.
- Bases reguladoras (neste enlace)
- Contías e prazos (neste enlace)
Programa de subvencións para corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato da provincia da Coruña, para a realización de investimentos culturais no ano 2020.
- Bases reguladoras (neste enlace)
- Contías e prazos (neste enlace)
Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2020.
- Bases reguladoras (neste enlace)
- Contías e prazos (neste enlace)