Reglamento:

REGULAMENTO DA MARCHA CICLOTURISTA: I RUTA B.T.T. FILLOA DA PEDRA CONCELLO DE A BAÑA 12/03/2017

1- Club Ciclista Negreira en colaboración co Concello de a Baña e coa autorización da Federación Galega de Ciclismo e organismos competentes é o organizador da I RUTA BTT FILLOA DA PEDRA, que se celebrará o día 12 de Mazo de 2017.

2- Esta marcha está aberta a tódolos ciclistas maiores de 15 anos en diante en posesión da licencia federativa en vigor. Quen non tivera dita licencia poderá tramitar a licencia dun día (seguro de accidentes e responsabilidade civil) concedida pola Federación Galega de Ciclismo.

3- É obrigatorio o uso do casco protector. Levar visible a acreditación entregada pola organización e presentar a licencia federativa na saída.

4- A ruta está sinalizada debendo os participantes respetar o itinerario e o ritmo marcado pola organización non podendo rebasar ao vehículo que abrirá a carreira.

5- A saída será ás 10 horas dende a Praza do Concello de San Vicente de A Baña, para facer un percorrido duns 42 km por pistas forestais dunha dificultade media. A chegada será no mesmo lugar que a saída. Haberá un punto de avituamento solido e líquido no km. 20, e outro avituamento líquido no Km. 30. A organización resérvase o dereito de modificar o percorrido por mor climatolóxico ou de seguridade.

6- Os federados deberán aportar no momento da entrega de distintivo a licencia federativa. Quen non a posúa pode obter o permiso de 24 horas facilitado pola Federación Galega de Ciclismo pagando un suplemento de 10 € que será xestionado pola organización ao pago da inscrición da carreira.

7- A inscrición podera facerse ata o xoves 9 de Marzo as 14:00 horas, mediante o formulario que se habilitará ao efecto na páxina web do concello de A Baña: www.concellodeabana.gal ou nos teléfonos 981886777-981886501.

8- A participación na marcha é de balde, soio os non federados deberán abonar 10 Euros que corresponden ao importe da licencia de un día.

9- Só serán considerados participantes da marcha aqueles que realizaran debidamente a inscrición e leven visible o distintivo entregado pola organización, se non poderán ser obrigados a saír do percorrido mentres se desenvolve a marcha. Non se considerarán participantes aqueles que de forma intencionada faciliten datos falsos ao inscribirse.

10- A organización dispondrá durante o transcurso da marcha dos servicios de asistencia sanitaria, mecánica (reparacións rápidas) e duchas una vez rematada a mesma nas instalación do campo de futbol e no pavillón de deportes de A Baña.

11- Os participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces de carretera.

12- Os participantes deberán respetar o entorno por onde transcurre a marcha quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o recorrido.

13- A organización non se fai responsable dos accidentes nos que sea causa a neglixencia dos participantes así como os danos que estes poideran ocasionar durante a realización da marcha.

14- Unha vez rematada a marcha haberá servicio de limpeza para as bicicletas e degustación de balde das filloas feitas na pedra, xa que a marcha cicloturista vai ser celebrada coincindo ca festa da filloa da pedra de A Baña.

15- Cada participante será responsable dos seus actos tanto dentro como fora da marcha, excluíndo á organización das responsabilidades ás que houbera lugar, incluíndo posibles accidentes e as súas consecuencias, debendo cumprir o vixente regulamento de circulación xa que a ciruculación de vehículos automóviles non estará cortada.

16- A inscrición nesta marcha conleva a aceptación do presente regulamento en tódolos seus termos e as instrucións dos Organizadores para o bo desenvolvemento da marcha.

CLUB CICLISTA NEGREIRA Y CONCELLO DA BAÑA.