20191228 Cartel Troula nadalA Escola de Música Tradicional da Baña, en colaboración coa A.C.M. Os Campantes da Baña, organiza un ano máis a súa Troula de Nadal, que terá lugar o sábado 28 de decembro e na que participarán diferentes agrupacións da contorna.

A partir das 21.00 horas a Escola de Música da Baña acollerá as actuacións dos seus alumnos, da Escola de Pandeireta de Negreira, do Grupo de Acordeóns da A.C. Coto da Nai de Aríns, dos Gaiteiros de Axio Mouro de Santa Comba, das Pantereteiras da Baña, de Son de Gaita de Sergude e dos Pequenos da Baña.

Toda a veciñanza do concello e dos arredores está convidado a gozar da música tradicional nesta Troula de Nadal.