PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA PAI DA BAÑA CURSO 24 25

 

21 de abril de 2025

 

Desde o martes 22 de abril ata o martes 6 de maio estará aberto o prazo de renovación e solicitudes de novo ingreso para o curso 2025-2026 no Punto de Atención a Infancia do Concello da Baña.

O modelo de solicitude pode descargarse nos arquivos anexos a esta nova ou premendo nesta ligazón.

Toda a información sobre o PAI da Baña pode consultarse na sede electrónica do Concello, premendo nesta ligazón

A convocatoria de prazas para o curso 2025-2026 saíu publicada na edición do 21 de abril do Boletín Oficial da Provincia, e pode consultarse neste enlace

 

 

20 de marzo de 2025

 

O Concello da Baña publica hoxe 20 de marzo un anuncio polo que establece os prazos para a matrícula no Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2025-2026. As familias interesadas poderán presentar a súa solicitude entre o 22 de abril e o 6 de maio, segundo o calendario establecido.

O proceso comezará coa publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 21 de abril, onde tamén se incluirá o modelo de solicitude de praza, aplicable tanto para renovacións como para novo acceso.

Os interesados dispoñen do período comprendido entre o 22 de abril e o 6 de maio para presentar as súas solicitudes. Posteriormente, o 13 de maio, será publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas, dando lugar a un período de reclamacións que se estenderá do 14 ao 27 de maio.

A publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e dos formularios de matrícula terá lugar o 30 de maio. Dende o 2 e ata o 31 de xuño, as familias con praza asignada deberán formalizar a matrícula no prazo establecido.

As datas indicadas poderán sufrir variacións por razóns do servizo ou co fin de cumprir cos prazos correspondentes, segundo se indica no anuncio publicado, que pode consultarse no documento adxunto ou premendo nesta ligazón.