A medida busca garantir que a veciñanza e as organizacións máis representativas poidan expresar as súas inquedanzas e propostas antes da aprobación definitiva da norma

Consulta cidadá emerxencia social. A Baña

O Concello da Baña pon en marcha un proceso de participación pública para recoller achegas e opinións sobre a futura Ordenanza Municipal Reguladora das Prestacións Municipais de Emerxencia Social. Esta medida busca garantir que a cidadanía e as organizacións máis representativas poidan expresar as súa inquedanzas e propostas antes da aprobación definitiva da norma.

O procedemento de consulta pública quedou aprobado mediante o Decreto 156/2025 da Alcaldía, con data do 3 de marzo de 2025, e permanecerá aberto durante un prazo de 7 días naturais dende a publicación do anexo na web municipal. Recollerase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.

As achegas poderán realizarse a través da sede electrónica do Concello da Baña mediante o formulario dispoñible para a achega de documentación complementaria (prema nesta ligazón). No apartado "código de expediente" deberá poñer: 2025/G013/000001.

A futura Ordenanza Municipal ten como obxectivo regular as prestacións de emerxencia social no Concello da Baña, garantindo que as persoas en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social poidan acceder a axudas económicas en casos de urxencia. Estas prestacións estarán destinadas a cubrir necesidades básicas como a alimentación, os gastos sanitarios ou os custos de mantemento da vivenda.

O Concello da Baña convida a participar activamente neste proceso, achegando as súa opinións e suxestións para mellorar esta regulación esencial para o benestar da comunidade.

No documento adxunto poderá descargarse o anuncio e o borrador da ordenanza municipal.