12-12-2024
Publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no Brincanadal 2024-2025, o campamento de Nadal organizado polo Concello da Baña para facilitar a conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares.
O prazo para facer o pagamento e confirmar a praza é de 5 días naturais.
A resolución pode consultarse no documento adxunto ou nesta ligazón.
5-12-2024
Faise pública a listaxe de persoas admitidas e excluídas no campamento de Nadal do Concello da Baña (Brincanadal 2024-25). As persoas excluídas teñen 3 días hábiles de prazo para aportar a documentación que falta.
A listaxe pode consultar no documento adxunto.
19-22-2024
O Concello da Baña abre o prazo de inscrición para o Brincanadal 2024
-
O programa busca que a cativada se divirta e aprenda mentres se facilita a conciliación da vida laboral e familiar
-
A data límite para inscribirse é o mércores 4 de decembro
-
A actividade está dirixida a nenos e nenas escolarizados ata os 13 anos e desenvolverase os días laborais comprendidos entre o 23 de decembro de 2024 e o 7 de xaneiro de 2025
O Concello da Baña anuncia unha nova edición do Brincanadal, un programa deseñado para que os nenos e nenas se divirtan e aprendan durante as vacacións de Nadal, mentres se facilita a conciliación da vida laboral e familiar das familias do municipio.
O programa desenvolverase no Centro Social San Vicenzo, nos días laborais comprendidos entre o 23 de decembro de 2024 e o 7 de xaneiro de 2025, ambos os dous incluídos. O horario será de 8:00 a 15:00 horas, ofrecendo un amplo abano de actividades educativas e lúdicas para a cativada.
Dirixido a nenos e nenas escolarizados/as ata os 13 anos, o custo do programa é de 25 euros para menores empadroados/as no Concello. O prezo é de 50 euros no caso de participantes non empadroados/as. Ademais, aplicaranse descontos a partir do segundo irmán/á inscrito/a.
O prazo para formalizar a inscrición estará aberto ata o mércores 4 de decembro de 2024. As persoas interesadas poden inscribirse a través de dúas vías: presencialmente no Rexistro do Concello da Baña, de maneira telemática. A ficha de inscrición pode descargarse no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.
O Brincanadal ofrece unha oportunidade única para que os nenos e nenas gocen dun Nadal cheo de aprendizaxe, diversión e novos amigos, converténdose nunha opción perfecta para apoiar ás familias nestas datas.