20190816 Transporte EscolarO Concello da Baña pon a disposición dos rapaces e rapazas que vaian cursar bacharelato ou algún ciclo de formación profesional nos institutos e Negreira ou Santa Comba durante o curso 2020-2021 un servizo de transporte a estes centros educativos.

As familias bañesas que desexen utilizar este servizo deberán anotarse na concellaría de Cultura, para facilitar a organización do transporte para todas as persoas interesadas. O prazo remata a finais do mes de xullo.

20200610 Cine aire libre2A Concellería de Cultura da Baña leva o cinema á rúa este verán cun programa de películas ao aire libre. A veciñanza poderá ver en pantalla grande dous filmes dirixidos ao público infantil e outros dous para público adulto, en tres sesións gratuítas programadas para os días 26 de xuño, 17 de xullo e 22 de agosto.

A rúa Tedelle será o escenario o venres, 26 de xuño, das dúas primeiras proxeccións, organizadas polo Concello da Baña en colaboración coa empresa local Sinala Tecnoloxía Visual, que cede os equipos. Ás 18.00 h poderase ver Abominable, un filme de animación que narra as historias dun yeti que logra fuxir dos humanos que o capturaron e da súa amiga Yi, a rapaza que o atopa na azotea do seu edificio e tenta axudalo a volver á casa. Máis tarde, ás 20.30 h, proxectarase a película Mientras dure la guerra, na que o director Alejandro Amenábar conta a historia de como en 1936 o escritor Miguel de Unamuno apoiou a rebelión contra unha República pola que el mesmo loitou pero que o defraudara.

Para o venres 17 de xullo está prevista a proxección de O que arde, mentres que o sábado 22 de agosto o público infantil volverá ser protagonista con Maimiño e o espello máxico. Estas dúas sesións forman parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A fita O que arde, dirixida e coescrita polo galego Oliver Laxe, é un relato sobre a culpa, a dor e a soidade, que narra a historia dun pirómano saído do cárcere que volve á casa xunta a súa nai. Este filme recibiu o Premio do Xurado na sección Unha certa mirada do Festival de Cannes 2019 e o Goya á mellor dirección de fotografía. A autenticidade da debutante Benedicta Sánchez foi recoñecida co Goya á mellor actriz revelación en 2020.

Por último, Maimiño e o espello máxico é a primeira película galego-cubana de animación, unha adaptación do conto infantil Polgariño. Narra a historia dun pequeno labrego que quere sacar a súa familia da pobreza. Unha praga de insectos que lle estragan a colleita e o encontro co espello máxico da media laranxa son os sucesos que o conducirán á aventura.

20200427 brindeNais, que dicirvos, como dicírvolo...

O vindeiro domingo, 3 de maio, celebramos o Día da Nai. Este ano a maioría de nós non as temos preto e non poderemos achegarnos aos seus fogares para darlles o seu agasallo... pero sen homenaxe non van quedar.

Que vos parece se lles facemos un brinde?
Hai alguén que mereza un brinde máis que as nosas nais?

A nosa proposta é que collades un vaso, cunca ou copa con auga, zume, chocolate, viño... fagades unha foto brindando e a compartades en redes sociais co hashtag #BrindePorMamáNaBaña ou a colguedes directamente como comentario no post do Facebook do Concello: https://www.facebook.com/ConcellodaBana/photos/a.1604980426185136/3487432631273230/?type=3&theater. Esa foto debe ir acompañada dunha frase dedicada a vosa nai.

A Axencia de Informática do Concello da Baña comparte estas ligazóns para pasar un intre divertido, destinadas a persoas de todas as idades.

  • Para practicar co rato:

https://www.vedoque.com/juegos/muevelamano.html

http://www.pbclibrary.org/raton/mousercise.htm

Para todos aqueles que queredes iniciarvos na informática, aquí tedes dúas ligazóns para practicar co rato.

  • Xogos de memoria:

http://www.memo-juegos.com/

Xogos de memoria para todas as idades

https://vedoque.com/juegos/atento-juego.html

Xogo para traballar a atención, a percepción e a memoria

  • Xogos de mesa para os máis maiores: 

https://www.juegosdiarios.com/juegos-de-mesa.html

Xogos de mesa como dominó, parchís, billar..

https://www.paisdelosjuegos.es/juegos/ingenio

Xogos de mesa para poñer a proba as túas capacidades

  • Quebracabezas para maiores: 

https://www.gamesforthebrain.com/spanish/dragger/

Unha forma de realizar quebracabezas arrastrando as pezas

http://www.puzzlesonline.es/

Quebracabezas para resolver co nivel de dificultade que elixa cada un

  • Quebracabezas para pequenos: 

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-puzzles-gratis

http://www.primeraescuela.com/rompecabezas-en-linea/

De animais ou obxectos que empezan polo a, polo b...

A Aula de Informática do Concello da Baña comparte unha serie de enlaces a páxinas web con contidos educativos e lúdicos para os peques da casa.

Xogos de primeiro a sexto de primaria con áreas específicas de lingua española, matemáticas e inglés.

Repasa hoxe as táboas de multiplicar dun xeito moi sinxelo a través desta ligazón: https://vedoque.com/juegos/matematicas/tablas-multiplicar/

 

Xogos educativos para nenos de preescolar e primaria. Os xogos están dispoñibles en versión en liña, descargas, apps ou soporte físico. Os xogos gratis pódense usar sen rexistro.

Que vos parece se cantades algunha destas cancións en familia? Ánimo!! veredes que ben o pasades: http://www.pipoclub.com/canciones-infantiles/index.html

 

Portal de material educativo gratuíto. Ofrece xogos e outros recursos didácticos gratuítos para nenos e nenas de entre tres e doce anos.

Hoxe recomendámosche que pases un intre divertido con estes chistes: https://www.mundoprimaria.com/chistes-cortos-para-ninos 

 

Desde a páxina de Apego ou desde o seu Facebook, as familias con nenas e nenos con idades comprendidas entre 0 e 6 anos poden acceder a vídeos, recursos, novas... Permanecede atentos e atentas cando vexades os vídeos do polbo Po, a mascota de Apego, porque nalgúns aparecen nenas da comarca de Barcala. Seredes quen de descubrilas?