- Elpidio Gómez, Adrián Mosteriro, Beatriz Barroso e Lucía Peón completaron o podio no trail longo de 28 km
- Adrián Abelanda, Carlos Lorenzo, Miguel Montero, en homes, e Carmen Rodríguez, Apolonia Bermúdez e Adriana Rey impuxéronse na proba curta de 16 km
- Adrián Sesar, Diego Ferreira e Nuno Moure, en homes, e Julia Salvado, Lucía Taboada e Alma Pereira vencedores na proba de promesas, cun percorrido de 8 km

Andrés Flórez e Tamara García non deron hoxe opción e impuxéronse con claridade na oitava edición do Trail da Baña, que xuntou a máis de 300 atletas nas diferentes cartegorías disputadas, o que a convirte na edición máis numerosa das oito celebradas. Ademais, este año na Baña déronse cita atletas que ocupan os primeiros postos do ránking na nosa comunidade autónoma.
Andrés Florez Castro, do Club Atletismo Sada, non deu opción na proba masculina de 28 quilómetros, e cruzou a meta (2.25.46) tres minutos antes que o segundo clasificado, Elpidio Gómez Sousa (2.28.35). O terceiro posto foi para Adrián Mosteiro (2.30.42)

Na categoría feminina Tamara García tamén deixou claro o seu poderío na proba longa deste trail. Cruzou a meta en 2.59.50, seguida de Beatriz Barroso (3.02.08) e Lucía Peón Santomé (3.08.29).

Ademais da proba absoluta, na que participaron 59 atletas, outros 89 disputaron o trail curto, de 16 km. Aquí deuse a casualidade de que os dos primeiros cruzaron conxuntamente a liña de meta, e acabaron xogándose o primeiro posto ao ‘pedra, papel, texoira’, quedando como vencedor Adrián Abelanda Vázquez (1.35.24), seguido de Carlos Lorenzo (1.35.24) e Miguel Montero (1.36.23).
Na categoría feminina do trail curto, a gañadora foi Carmen Rodríguez (1.56.40), seguida de Apolonia Bermúdez (2.00.51) e Adriana Rey (2.11.57).

No trail promesa, que contou con 67 atletas, os gañadores foron Adrián Sesar (45.52). Diego Ferreira (46.53) e Nuno Moure (48.40), en homes, e Julia Salvado (53.26), Lucía Taboada (55.06) e Alma Pereira (56.51), en mulleres.
Na clasificación por clubes, o vencedor foi o Atletismo Porriño, seguido de Traileros Toxos&Birras e Atletismo Arenteiro.
Os mellores atletas da Baña foron Antonio Barreiro (2.04.06), Adrián Darriba (2.04.07) e MarcosParedes (2.05.10), en homes; e Adriana Rey (2.11.57) e Paula Paredes (3.05.18), en mulleres
Na andaina non competitiva de 10 quilometros participaron hoxe 108 persoas.

Na entrega de premios participaron o alcalde, José Antonio Pereira; a concelleira de deportes, Ana Pensado, e o representante de Ternera Gallega José Ramón Gómez.
Tras cruzar a liña de meta, os atletas puideron repoñer forzas degustando filloas da pedra da Baña, nunha acción promocional do GDR Terras de Compostela, que ofreceu filloas elaboradas por José Manuel Mallón recheas de calabaza asada e crema de setas e castañas; filloas con bechamel de lacón con grelos e chorizos e filloas con tarta de queixo ao forno.
Ternera Gallega tamén colaborou co Concello, ofrecendo unha degustación de produtos con denominación de orixe.