-
O venres 24 haberá unha exhibicion presencial de xadrez de 17.00 a 18.00 horas no polideportivo
-
O prazo de inscrición remata o martes 28 de setembro
As Escolas Deportivas municipais abren esta semana as súas portas para que o alumnado interesado poida coñecer e probar a ver se lle gustan as distintas modalidades que se ofertan neste curso 2021-2022. As probas realizaranse nos horarios e espazos nos que está previsto que se desenvolvan as clases ao longo do curso.
A estas primeiras clases sumarase o vindeiro venres, 24 de setembro, unha exhibición de xadrez, que terá lugar de 17.00 a 18.00 horas no polideportivo de San Vicenzo. Hai que lembrar que a actividade se vai desenvolver en liña durante o curso.
A inscrición nas Escolas Deportivas está aberta ata o martes 28 de setembro. Debe facerse cubrindo o formulario que se pode descargar na páxina web e, unha vez cuberto, remitíndoo por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. xunto coa documentación requerida. Tamén se pode entregar na Concellaría de Deportes.
Os outros documentos que hai que cubrir e entregar son a domiciliación bancaria, a declaración responsable e a autorización de imaxe. Todos eles pódense descargar nos arquivos adxuntos, en formato PDF editable para poder cubrilos no ordenador e, de querelo así, remitilos á sede electrónica do Concello da Baña.
O prezo xeral de matrícula é de 60 euros por modalidade e temporada. Hai descontos por número de irmáns ou por asistir a varias actividades.