-
Haberá xornada de portas abertas do 20 ao 24
-
O prazo para anotarse remata o 28 deste mes
O Concello da Baña abre o prazo de inscrición para participar nas Escolas deportivas municipais, que van comezar o vindeiro luns, 20 de setembro. As persoas interesadas en coñecer as diferentes disciplinas poderán acudir a practicalas nas xornadas de portas abertas, do 20 ata o venres 24. O prazo para matricularse remata o día 28 deste mes.
A excepción de patinaxe artísticas e fútbol sala, que se imparten un día a semana durante dúas horas, as demais modalidades ofértanse con dúas sesións semanais.
As Escolas deportivas da Baña desenvolveranse a partir das 15.45 horas ofertan este ano as disciplinas de xadrez (será en liña en horario por concretar), patinaxe artística (venres), baile moderno (martes e xoves), expresión corporal para menores e tamén para adultos (martes e xoves en horarios diferentes), karate (martes e xoves), pilates para adultos (luns e mércores), tenis de mesa (luns e venres), zumba para adultos (martes e xoves) e fútbol sala (os mércores).
A inscrición nas Escolas deportivas municipais da Baña debe facerse cubrindo o formulario que se pode descargar na páxina web e, unha vez cuberto, remitilo a través da sede electrónica do Concello ou remitindo a documentación por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. xunto coa documentación requerida. Tamén se poden entregar na Concellaría de Deportes.
O prezo da matrícula é 60 euros por modalidade e tempada, que se aboarán en 3 prazos (outubro, xaneiro e abril).
Cando unha persoa se matricule en dúas ou máis actividades pagará 90 euros (30 ao trimestre). No caso de familias, cando dous membros da unidade familiar se matriculen nunha actividade aboarán 99 euros (33 ao trimestre), e se se matriculan en dúas ou máis actividades o prezo será de 132 euros (44 ao trimestre). No caso de tres ou máis membros da unidade familiar nunha actividade, o prezo é de 120 euros (40 ao trimestre) e en dúas ou máis 150 euros (50 ao trimestre).
Ademais da ficha de inscrición debidamente cuberta, para formalizar a matrícula é preciso entregar tamén cubertas tanto a autorización de imaxe, como a declaración responsable e a domiciliación bancaria. Estes documentos pódense descargar nos arquivos adxuntos, en formato PDF editable, que facilitan cubrirlos no ordenador e poder remitilos, unha vez asinados, á sede electrónica do Concello da Baña.