• A triplista Alba Cuns, campiona de España, liderará a participación de destacados deportistas da comarca

  • Desputaranse probas de velocidade, marcha, valos, lanzamento de peso, salto de lonxitude, triplo salto ou salto de altura

  • O certame diríxese aos escolares maiores de 8 anos coa idea de iniciar a actividade no municipio no caso de que haxa interese

portas abertas 1920 x 1080 px

O pavillón polideportivo de San Vicenzo da Baña abrirá as súas portas o sábado 23 de outubro para gozar dunha xornada de atletismo con deportistas da comarca que triunfan en diferentes especialidades. O obxectivo é amosarlles aos escolares bañenses que teñan cumpridos os 8 anos as múltiples posibilidades desta disciplina e, no caso de que houbera interese, incluíla entre as actividades deportivas ofertadas polo Concello.

No polideportivo desputaranse probas de velocidade, marcha, valos, lanzamento de peso, salto de lonxitude, triplo salto ou salto de altura. Participarán na exhibición a triplista Alba Cuns, campiona de España sub-18; Alba Pérez, terceira clasificada no campionato galego absoluto de marcha e quinta no nacional en ruta; Samuel Lema, subcampión autonómico de lanzamento de peso e campión de España por federacións; a marchadora Rosalía Moraig e o saltador de altura Gonzalo Cuns.

As competicións, abertas a todas as nenas e nenos con interese en probar as distintas especialidades atléticas, darán comezo ás 11 da mañá.