20190709 Plasticos agricolas recollida

A recollida de plásticos agrícolas vaise realizar na Baña o último luns de xullo (día 29) e o último luns do mes de outubro (día 28).

Os titulares das explotacións agrícolas que estean  interesados en recibir este servizo para que lle retiren os plásticos deberán poñerse en contacto con Concello da Baña no teléfono 981 886 501 ou no 981 886 516.

Deberán comunicalo uns días antes das datas sinaladas para xestionar axeitadamente os avisos e poder recoller os plásticos.

O Concello da Baña súmase ao Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía que promove a Unión Europea para loitar contra o cambio climático, aumentando o uso das enerxías renovables, segundo aprobou onte por unanimidade o pleno da Corporación. Na sesión tamén se acordou crear unha agrupación de Protección Civil e un rexistro de construcións en estado de abandono.

A adhesión ao Pacto de Alcades polo Clima implica asumir os obxectivos adoptados pola Unión Europea para frear o cambio climático, adoptando as medidas necesarias para reducir, de aquí ao 2030, un 27% do consumo enerxético e un 40% as emisións de CO2 (dióxido de carbono), ao tempo que se aumenta un 27% o emprego de enerxías renovables. O Concello da Baña tamén se compromete a adoptar medidas fronte aos riscos e vulnerabilidades aparelladas ao cambio climático, coma son as secas ou os episodios de temperaturas extremas. Unha vez aprobada a adhesión, o Concello elaborará e presentará un plan de acción que garanta o cumprimento destes obxectivos no ano 2030.

O pleno tamén aprobou a moción de Compromiso por Galicia para rehabilitar as construcións en estado de abandono no municipio. Para isto será preciso crear un censo de edificios nesa situación como medida preventiva, despois do cal se informará aos seus propietarios de posibles axudas e sobre a lexislación vixente ao respecto. O alcalde sinalou que o Concello seguirá neste punto as directrices que se marquen dende a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias).

Crear unha agrupación de Protección Civil na Baña foi outro dos acordos do pleno, a proposta do PSdeG. A elaboración dun regulamento propio, e a tramitación diante de distintas administracións (Deputación, Xunta de Galicia) solicitando subvencións para dotar do equipamento necesario a esta nova agrupación, serán os próximos pasos a seguir polo Concello.

 ALI1750A empresa Ascan empezará mañá, a partir das sete da mañá (07.00 horas) a recoller os contenedores amarelos no concello da Baña, actualmente cheos de plástico dende que a empresa Soil Recovery deixou de prestar servizo ao entrar en concurso de acredores. 

O Concello decidiu contratar de xeito provisional a firma Ascan para recoller os plásticos e latas que están a encher os contenedores amarelos repartidos polo municipio. “Non queremos que, coa chegada do mal tempo, o aire e a choiva, se poidan espallar os plásticos e, incluso, provocar algún incidente”, explicaba o alcalde, Andrés García Cardeso.

Ata o momento este servizo o viña prestando a empresa Soil Recovery, que tamén deixou de atender o punto limpo da Baña cando entrou en concurso de acredores, unha situación que tamén se produciu en Negreira.

Nestes momentos hai algunha empresa que está interesada en facerse cargo da atención do punto limpo e da recollida de plásticos, pero mentres non se regularice a situación, o Concello decidiu contratar provisionalmente os servizos de Ascan para a recollida dos plásticos. O equipo de goberno “quere que a nova empresa se faba cargo tamén do persoal que viña traballando no punto limpo”, explicou Andrés García Cardeso.

O alcalde recordalle á veciñanza que os primeiros luns de cada mes, o Concello seguirá recollendo os enseres voluminosos e refugallos polas casas dos veciños que así o solicitaron previamente.

A empresa Unión Fenosa Distribución, S. A. pretende realizar as labores de xestión de biomasa, en cumprimento da Lei 12/2012 de montes de Galicia e Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nos terreos marcados no seguinte plano do concello da Baña.

Os propietarios dos terreos poden executar previamente ditas labores.

 

A Baña súmase á campaña de reciclaxe "Separar con xeito, para reciclar a feito", que promoven ECOEMBES e a Consellería de Medio Ambiente, e coa que asistirán á feira da Baña o vindeiro luns 4 de xuño de 2018 cunha carpa informativa de 3x3m, atendida por monitores ambientais que infomarán sobre a adecuada reciclaxe de residuos de envases, ao mesmo tempo que proporcionarán merchandising para a cidadanía.

Attachments:
Download this file (Separar-con-Xeito-A-Bana.pdf)Separar con Xeito A Baña.pdf[ ]3791 kB