• Antonio Pensado, Víctor Pías e Domingos Tourís foron os gañadores do bingo e levaron 3 lotes de produtos galegos

 

20250614 Banha 500 persoas no Xantar Vecinhal 26

 

A segunda edición do Xantar Veciñal da Baña xuntou onte no pavillón de San Vicenzo a máis de 500 persoas que compartiron un menú composto por empanada, polbo, carne ao caldeiro, tarta larpeira e xeados.

Organizada pola Concellería de Acción Social, cultural e de servizos a cidadanía, a xornada comezou coa música de Faíscas da Pontraga, que lle deron a benvida con música galega a todas persoas participantes.

Na sobremesa a música volveu ser protagonista, coa segunda actuación do grupo local e unha DJ, antes de que dese comezo un bingo no que se sortearon tres lotes de produtos galegos.

Os gañadores do bingo foron Antonio Pensado Louzao, Víctor Pías Rodríguez e Domingos Tourís Fornos. A concelleira Mónica González foi a encargada de entregarlle os agasallos.

Nesta segunda edición do xantar veciñal participaron o alcalde e concelleiros e concelleiras do grupo de goberno.

 

20250614 Banha 500 persoas no Xantar Vecinhal 39