-
Ofrecerase formación teórica e práctica sobre prevención de riscos e técnicas de defensa
-
As inscricións están abertas ata o 10 de xaneiro na Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía
O domingo 12 de xaneiro de 2025, o Concello da Baña organiza un curso intensivo de defensa persoal feminina, co obxectivo de ofrecer ferramentas prácticas e psicolóxicas para mellorar a seguridade das mulleres. O curso terá lugar na ESMU Emilio Andújar, cun horario de mañá de 10.00 a 14.00 h e de tarde de 16.00 a 20.00 h.
Este curso, totalmente gratuíto, combinará unha parte teórica e práctica, ofrecendo un enfoque dinámico que permitirá ás participantes aprender a identificar situacións de risco e a aplicar técnicas de defensa persoal. Durante a parte teórica, traballaranse conceptos psicolóxicos tanto da vítima como do agresor, así como o Código Penal.
Na parte práctica, as participantes aprenderán a controlar aspectos fundamentais para a súa seguridade, como a respiración, observación, valoración, estratexia e técnica. Ademais, traballaranse técnicas de defensa ante diversos tipos de agresións, como agarres ou ataques con armas brancas, e tamén se dará especial atención á prevención para evitar confrontacións físicas.
As mulleres interesadas en participar deben inscribirse antes do venres 10 de xaneiro na Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía. As asistentes deberán acudir coas roupa cómoda para realizar as actividades prácticas.