-
O proxecto busca amosar o arraigo da celebración gastronómica de cara á súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia
-
A veciñanza pode colaborar entregando imaxes nas oficinas municipais para a súa dixitalización ou enviándoas por correo electrónico
O Concello da Baña está a promover unha iniciativa para recoller fotografías históricas entre a veciñanza, co obxectivo de xerar unha hemeroteca dixital que documente a memoria histórica da comunidade. Este proxecto busca destacar o arraigo da Festa da Filloa da Pedra, un evento gastronómico que en 2024 celebrou a súa 20ª edición, no camiño para acadar a declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia.
O Concello fai un chamamento á cidadanía para achegar imaxes históricas relacionadas coa Festa da Filloa da Pedra ou calquera outra temática de interese, como escenas da vida cotiá, traballos tradicionais, festas ou encontros. As fotografías poden entregarse nas oficinas municipais para a súa dixitalización, garantindo a devolución dos orixinais, ou enviarse xa dixitalizadas ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Esta iniciativa procura conservar e enriquecer a memoria colectiva da Baña, e pon en valor a tradición e a historia que identifican ao municipio, especialmente arredor dun evento tan singular como a Festa da Filloa da Pedra, que combina gastronomía, artesanía e música para promover a cultura local.