• O acto celebrarase este sábado 28 de xuño ás 11:00 horas na Escola de Música Emilio Andújar

  • O evento é aberto ao público

Clausura Escola musica A Baña

O Concello da Baña celebrará este sábado, 28 de xuño, ás 11:00 horas, na Escola de Música Emilio Andújar, o acto de clausura dos cursos da Escola de Música Municipal, nun evento que reunirá alumnado, profesorado, familias e veciñanza para poñer en valor o traballo realizado ao longo do ano.

Un total de 30 alumnos e alumnas participarán neste acto no que recibirán os seus diplomas de fin de curso, recoñecendo así o esforzo, a dedicación e os avances na súa formación musical.

Un dos momentos máis destacados da xornada será a actuación da recentemente constituída Banda Municipal de Música da Baña, creada este mesmo ano e formada por integrantes da escola. A súa posta en escena supón un importante paso para a consolidación dunha agrupación estable e con proxección no eido cultural do municipio.

O evento será aberto ao público e terá lugar nas instalacións da Escola de Música Emilio Andújar.

A Escola de música está subvencionada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.