11 de xullo de 2025

Faise pública a listaxe definitiva de mozas e de mozos admitidos no campamento xuvenil, que se desenvolverá na Baña do 14 ao 24 de xullo para proporcionarlle á mocidade do municipio actividades de lecer durante o verán ao tempo que se facilita a conciliación familiar. As familias da rapazada admitida ten agora un prazo de 7 días naturais para efectuar o pagamento. 

A listaxe pódese consultar nos documentos que acompañan esta publicación. 

 

8 de xullo de 2025

 

Faise pública a listaxe provisional de mozas e de mozos admitidos no campamento xuvenil, que se desenvolverá na Baña do 14 ao 24 de xullo para proporcionarlle á mocidade do municipio actividades de lecer durante o verán ao tempo que se facilita a conciliación familiar. Ábrese agora un prazo de tres días para presentar reclamacións.

A listaxe pódese consultar nos documentos que acompañan esta publicación. 

 

23 de xuño de 2025

 

  • A actividade desenvolverase do 14 ao 24 de xullo con prazas limitadas e horario de mañá

  • As inscricións deben formalizarse a través do rexistro xeral do Concello ou da sede electrónica desde mañá martes 24 de xuño ata o venres 4 de xullo

  • Inclúe xogos cooperativos, natureza, arteterapia e deportes

  • A Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía completa así a programación de conciliación que xa conta co Campamento de Verán para nenos de 3 a 14 anos

20250623 campamento xuvenil

O Concello da Baña, a través da Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía, pon en marcha este verán un campamento xuvenil dirixido a rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos, co obxectivo de ofrecer unha proposta de lecer adaptada aos seus intereses e necesidades, ao tempo que se facilita a conciliación familiar.

O campamento desenvolverase do 14 ao 24 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e inclúe un amplo abano de actividades pensadas para estimular a participación, a convivencia e o desenvolvemento persoal da mocidade. Entre as propostas previstas figuran xogos cooperativos, deportes, traballaranse temas como a igualdade de xénero, actividades na natureza, xincanas, obradoiros de interculturalidade e sesións de arteterapia.

Esta iniciativa pretende dar resposta a unha franxa de idade que adoita quedar fóra das programacións de verán habituais. Ademais, o campamento contribuirá a ofrecer ás familias un recurso de conciliación durante estas datas.

As prazas son limitadas e a inscrición debe formalizarse a través do rexistro xeral do Concello ou da sede electrónica municipal desde mañá martes 24 de xuño ata o venres 4 de xullo (ambos incluídos).

Con esta nova iniciativa, o Concello da Baña reforza a súa aposta pola conciliación familiar estival, complementando a oferta xa existente co Campamento de Verán 2025, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos, que se celebrará en Agra de Chans do 23 de xuño ao 5 de setembro, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 h, con 70 prazas dispoñibles repartidas en seis quendas.

As dúas propostas configuran unha programación pensada para atender diferentes tramos de idade e necesidades, facilitando ás familias do municipio recursos de apoio durante os meses de vacacións escolares.