• As probas das categorías escolares, con 146 participantes, animaron as rúas de San Vicenzo con numeroso público presente
  • Jesús Suárez e Adriana Rey, bañenses máis rápidos na 10K, e Adrián Darriba e Zaira Blanco, na 5K
  • Esta primeira edición da proba forma parte do circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña

 20250504 Banha Carreira Popular PODIOS 10K

Jorge Crespo e Nia Franco foron esta mañá os gañadores da proba de dez quilómetros da I Carreira Popular da Baña, na que participaron máis de trescentos atletas en todas as categorías. Na carreira de cinco quilómetros os primeiros en cruzar a liña de meta foron Alberto Riveiro e Laura Felisa López. Os atletas bañenses máis rápidos foron José Suárez e Adriana Rey (na 10K) e Adrián Darriba e Zaira Blanco, na 5K. As clasificacións pódense consultar na web de Carreiras Galegas (preme aqui).

Un cento de atletas disputaron a proba de 10 quilómetros da I Carreira Popular da Baña. Os máis rápidos na categoría masculina foron Jorge Crespo Arias, do CA Sar, que cruzou a liña de meta en 33.57 minutos, seguido do seu compañeiro de quipo Martín Lestido (35.01) e de Víctor González Horta, do Comesaña Sporting Club, cun tempo de 35.30.

Na categoría feminina, Nia Franco (45.06) sacoulle case un minuto a segunda clasificada, Guillelme Denís Castillo (45:59), e dous minutos a terceira clasificada, Natalia Lorenzo (47.16).

Nesta carreira, os atletas da Baña que subiron ao podio por ser os e as primeiras en cruzar a meta foron José Suárez Leis (35.50), José Manuel García Antelo (40.19) e Antonio Barreiro Cordeiro (46.55). Na categoría feminina, as máis rápidas foron Adriana Rey (45.59) e Sandra Rodríguez Nieto (1.05.14).

 

20250504 Banha Carreira Popular PODIOS 12

Na proba de 5 quilómetros, Alberto Riveiro Lampón (C.A. Sar) non deu opción e impúxose cun tempo de 16.52, seguido de Ramón González País (17.24) e Miguel Montero Noya (18.10). En categoría feminina, as tres primeiras foron Laura Felisa López López (23.56), Xulia Vidal Tubío (25.20) e Alba Forján Costa (26.04).

Os premios para atletas bañenses na proba de 5K foron para Adrián Darriba (20.43), Antonio Velo (28.12) e Luigi Croce (33.30). En mulleres as máis rápidas foron dúas integrantes do S.D. A Baña,  Zaira Blanco (29.01) e Leticia Fernández (40.35).

Un dos protagonistas desta primeira edición da Carreira Popular da Baña foi o ferrolán Jesús Bernal Gómez, que con preto de 80 anos fixo 15 quilómetros ao participar tqnto na 5K como na 10K.

As categorías escolares animaron o ambiente en San Vicenzo, polo número de familiares e amigos que acompañaron aos 146 atletas menores que participaron nas diferentes categorías, dende a categoría sub-18 ata biberóns.

Na proba estivo presente o deputado provincial Antonio Leira. O alcalde, José Antonio Pereira, e a concelleira de Deportes, Ana Pensado, entregaron os trofeos aos gañadores e gañadoras das diferentes categorías.

José Antonio Pereira agradécelle a colaboración ás persoas voluntarias que se implicaron coa organización da carreira, así como aos integrantes de Protección Civil, da Federación Galega de Atletismo e aos propios asistentes e participantes, e ao técnico municipal de deportes. O alcalde destacou a implicación do organismo provincial, que incluíu esta proba no XI Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña.

20250504 Banha Carreira Popular AMBIENTE ESCOLARES 9