-
Pídese non aparcar nas inmediacións das prazas do Concello e Cruceiro nin nos lugares polos que pasa o circuíto das diferentes categorías
-
Habilitado un aparcamento gratuíto no antigo campo da feria, ao final da rúa Campo da Feira, e tamén se pode estacionar na rúa Rosalía de Castro
-
As restriccións serán entre as 09.30 e as 15.00 horas
O Concello da Baña vén de comunicar que este domingo as rúas polas que pasa o circuíto do I Dúatlon solidario van ter limitacións de tráfico durante os momentos nos que se celebren as diferentes probas. Non se permitirá o aparcamento nas inmediacións da praza do Concello, e infórmase que se habilitou un espazo para deixar os coches en Paredes
O alcalde, nun bando publicado hoxe, pide a colaboración e comprensión da veciñanza para colaborar co normal desenvolvemento desta proba e que a mesma sexa un éxito. O I Dúatlon solidario vai xuntar na Baña a preto de 500 atletas das diferentes categorías.
No bando infórmase que as rúas que van ter limitacións de tráfico entre as 09.30 e as 15.00 horas son a estrada de Vesía, rúas das Dores, Castelao, Xacinto Rodríguez, a estrada de Xasoso-O Castro, a de Señor ata A Baña e a estrada AC-444.
O acceso ata a San Vicente poderase facer pola AC-444 dende Paredes, pola rúa Rosalía de Castro ata o cruce coa rúa Campo da Feira, ao final da cal está habilitado un aparcadoiro gratuíto, situado no antigo campo da feira.