Ficheiros: 

Listaxe_das_persoas_seleccionadas_e_suplentes.pdf

As persoas destinatarias son as familias con menores con idades entre os 3 meses e que non teñan cumpridos os 3 anos o 31 de decembro do ano anterior o que se presenta a solicitude.

Número de prazas: 20

Tipo de xornada: completa a partir de 4 horas ata 8 horas e media xornada que é ata 4 horas. Non se fai discriminación por hras.

O horario do PAI é de 7.45 a 15.45 horas de luns a venres, aínda que pode sufrir modificacións en función da demanda das familias. A hora de entrada dos nenos é ata as 10 horas. Os nenos que non coman no PAI teñen que marchar as 13 horas. A hora de recollida dos que si comen é a partir das 15 horas.

Servizos:  atención ás necesidades básicas, atención educativa, conciliación da vida laboral e familiar. Non dispón de comedor propio pero quentase e dáselles a comida que traen da casa.

O prazo de renovación e solicitude de nova ingreso será de 30 días a partir da publicación no BOP da resolución da Alcaldía.( 7 de maio ao 6 de xuño de 2015)

A información sobre o procedemento poden consultala no taboleiro de anuncios de Servizos Sociais, no da Educadora familiar e no BOP

bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/05/06/2015_0000004882.pdf

Servizos sociais do Concello da Baña: 981 886 501 extensión 1

Educadora familiar: 608 819 741

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Modelo de solicitudes e tarifas:ver documentos anexos

Ficheiros: 

solicitude_PAI.pdf

tarifas_PAI.pdf

As bases da convocatoria están publicadas no BOP do día 18/06/2014.

O ingreso da taxa por dereitos de exame pode facerse no núm. de conta do Concello da Baña en Nova Galicia Banco: ES92 2080 0326 17 3110000035

Xúntase modelo de solicitude. Acéptase calquera modelo sempre que se axuste ao requerido nas bases da convocatoria.

bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/06/18/2014_0000006648.pdf

Ficheiros: 

SOLICITUDE_DE_basica.pdf

Enlaces: 

bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/06/18/2014_0000006648.pdf

Persoas destinatarias: familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos.

Lugar de celebración: Punto de Atención á Infancia de San Mamede de Monte.

Horario: 1º e 3º venres de cada mes de 17 a 19 horas.

Inscricións: no despacho da educadora familiar, ou chamando ao número de teléfono 608 819 741 (Patricia)

É preciso cubrir ficha de inscrición para poder participar.

Poden consultar o calendario de actividades no documento axunto.

Actividade organizada polo Concello da Baña e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

MATRÍCULA :

Persoas destinatarias: as que figuran na listaxe definitiva de persoas admitidas no Punto de Atención á Infancia do Concello da Baña, publicada na web e no taboleiro de anuncios do Concello.

Prazo: do día 2 ao 16 de maio

Documentación:

Impreso normalizado que se facilitará nas dependencias de Servizos Sociais

A fotocopia cotexada da tarxeta de Seguridade Social ou documento equivalente.

6 fotografías tamaño carné.

As autorizacións que correspondan.

O impreso de domiciliación bancaria.

O certificado da entidade bancaria de titularidade da conta.

O informe de saúde nos casos en que a familia considere que debe ser coñecido polo persoal do centro.

Lugar: Casa da Cultura do Concello da Baña (educadora familiar)

PERÍODO EXTRAORDINARIO DE PREINSCRICIÓN:

Persoas destinatarias: familias con menores con idade mínima de 3 meses na data de ingreso, e unha. idade máxima de 3 anos. Poderán permanecer no PAI aqueles menores que non teñan cumpridos os 3 anos o 31 de decembro do ano anterior o que se presenta a solicitude. As crianzas que se incorporen ao 2º ciclo de educación infantil poderán permanecer no PAI ata o 31 de agosto do correspondente curso escolar.

Prazo: do día 2 ao 16 de maio

Documentación:consultar en bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/03/12/2014_0000002420.pdf

Información e recollida de impresos: Casa da Cultura da Baña (educadora familiar)

Teléfonos: 608 819 741 e 981 817 605

Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello da Baña