O Concello da Baña publica a listaxe definitiva de persoas admitidas no BrincaNadal 2023, que pode consultarse no documento adxunto ou premendo neste enlace

As familias admitidas deberán efectuar o pagamento na conta de Santander-Banco Pastor ES26 0238 8191 8806 6000 1061 e facerlle chegar o xustificante ao departamento de Cultura nas oficinas do Concello ou a través do email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Os prezos, recollidos no cartel do anuncio, son de 25€ para menores censados no municipio e de 50€ para os non censados. De haberen máis participantes da mesma familia, os prezos redúcense a 20€ para o segundo participante e a 15€ para o terceiro, no caso dos censados na Baña; e a 40€ ou 25€ para o segundo e terceiro participante non censados.

 

20231219 Brincanadal admitidos

O Imserso informa de que dende o luns 6 de novembro, ata o final da tempada 2023-2024, permanecerá aberto un novo prazo para participar no Programa de Turismo para persoas maiores, co obxectivo de proporcionarlles estancias en zonas de costa e turismo de interior que contribúan a mellorar a súa calidade de vida, a súa saúde e á prevención da dependencia.

Todas as persoas interesadas en poder gozar das viaxes que non estean dadas de alta e que cumpran cos requisitos legais de participación, deberán cubrir a solicitude e presentala por calquera dos medios previstos na Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Imserso:

  • De forma telemática a través da Sede electrónica do Imserso. Este procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
  • Descargando o formulario de solicitude de participación no Programa de Turismo para a tempada 2023-2024. Unha vez cuberto deberá remitilo por algún dos seguintes medios:
    • A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 7 da Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o programa de Turismo do Imserso.
    • En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Turismo do Imserso, apartado de correos 10.140, 28080 Madrid.

A presentación da solicitude é indispensable para que o Imserso, tras efectuar as comprobacións oportunas, poida ditar a Resolución que acredita a condición de persoa beneficiaria do Programa de Turismo, que recibirá o solicitante no seu domicilio ou poderá descargala na súa Dirección Electrónica Habilitada Única; desta forma, o titular da acreditación, poderá reservar e comprar as prazas dispoñibles.

20190926 Cartel Actividades MaioresO Concello da Baña organiza actividades de estimulación cognitiva e ximnasia de mantemento para maiores, as cales se levarán a cabo de luns a venres no local social da terceira idade e por parroquias. A inscrición pode facerse presencialmente na Concellaría de Política Social ou chamando ao 981 886 501.

No caso do local social e da terceira idade da Baña, as actividades realizaranse de 15.30 a 17.30 horas e de forma gratuíta. Os interesados en participar nas que se leven a cabo no resto de parroquias do municipio, terán que aboar 10 euros ao mes por 1 actividade e 15 euros por dúas (os horarios aínda están por concretar). Tanto estimulación cognitiva, como ximnasia de mantemento serán de luns a venres e precisarase dun grupo mínimo de 8 persoas por clase para que se leve a cabo.

Para máis información e para formalizar as inscricións, os interesados deberán poñerse en contacto coa Concellaría de Política Social, Emprego, Educación, Cultura e Deporte a través do 981 886 501.

20190928 Campeonato BillarEste sábado o centro social e da terceira idade da Baña acolleu o I Campionato de billar “Maiores”, no que Ángel Freire, veciño do municipio, se alzou co título de gañador absoluto. Detrás del, Celestino Quintáns, de Santa Comba, e Secundino Lado conseguiron o segundo e terceiro posto na clasificación.

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, e a concelleira de Cultura, Mónica González, presidiron o I Campionato de billar “Maiores” do municipio. Os participantes gozaron desta actividade organizada por primeria vez gracias á proposta de Luciana García, organizadora do evento e coordinadora do centro social e da terceira idade.

Ángel Freire, veciño da Baña, Celestino Quintáns, de Santa Comba, e Secundino Lado alzaronse co primeiro, segundo e terceiro posto respectivamente. Lado demostrou cos seus case 90 anos que a idade non é impedimento para acadar as metas que nos propoñemos.

Ao rematar a divertida xornada, os presentes no centro social e da terceira idade da Baña degustaron unha rica merenda para repoñer as forzas gastadas no transcurso da tarde.

As imaxes do campionato están na páxina de Facebook do Concello da Baña.

O centro social e da terceira idade da Baña conta dende marzo cunha dinamizadora social que organiza actividades principalmente, para maiores de 55 anos. 

Este servizo, tan demandado polas persoas usuarias do centro a diario, ofrecerá diferentes opcións durante a semana, para un envellecemento activo. 
 
- Os luns e mércores, ACTIVA O TEU CORPO, con bailes, exercicios de mantemento, xogos de coordinación e ritmo, sempre acompañadas do bo humor.
- Os martes, ACTIVA A TÚA MENTE, con talleres de estimulación cognitiva, lecturas e exercicios de memoria.
- Os xoves, CANTAN BINGO E LINGO, con xogos de mesa en equipo, exercitación da memoria con cifras e letras, concentración.
- Os venres, NAVEGAMOS POR INTERNET, cun achegamento ás vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías para o ocio, servizos, a socialización e a comunicación con familiares.
 
Esta programación vai dirixida a todas as persoas de dentro e fóra do concello da Baña, interesadas en manterse activas e pasar as tardes en moi boa compaña.