A Baña e Negreira xunto con Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo forman o grupo de 12 concellos que asinaron o 23 de marzo de 2015 o protocolo de colaboración para a organización do programa Apego dirixido a fomentar e mellorar a transmisión do galego. Polos concellos da Baña e de Negreira asistiron os seus alcaldes José Andrés García Cardeso e Juan Rey Maceira respectivamente. A sinatura realizouse no Concello de Santiago de Compostela e tivo como anfitrión o seu alcalde, Agustín Hernández. Con este acto, comprométense todos estes concellos co programa Apego que se poñerá en marcha o vindeiro maio.

Neste acto de sinatura, ademais de representantes dos doce concellos impulsores desta iniciativa, tamén participaron cos seus arrolos os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández.

Apego é un programa de promoción da lingua galega que ten como obxectivos incrementar a porcentaxe de nenos e nenas que adquiren o galego como lingua inicial e promover que o usen de maneira habitual. Para lograr estes obxectivos, organizaranse, coordinadas entre todos os concellos participantes, accións como as seguintes:

-Deseño dunha imaxe común para o proxecto.

-Edición dunha campaña informativa con material para distribuír nos espazos onde se atenden o embarazo e a adopción.

-Edición de 5000 caixas para entregarlles ás embarazadas que conterán un libro informativo, un álbum de lembranzas, un medidor, un adhesivo para o automóbil e un apego e que servirán para acoller as crianzas.

-Edición de 5000 CD cunha selección de música que acaia aos diferentes momentos da crianza e que se poderá recoller unha vez naza a criatura.

-Creación dunha rede con familias interesadas en recibir información e recursos de apoio para a crianza en galego.

-Creación dun espazo-web para informar do desenvolvemento do programa e facilitar o acceso á información, recursos e redes de apoio á transmisión da lingua.

-Oferta de obradoiros formativos para os diferentes colectivos atinxidos no programa.

Os concellos participantes esperan contar coa implicación das familias para lograr estes obxectivos e evitar así que se continúe rompendo a transmisión interxeracional do galego.

Enlaces:

www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/hernandez-mostra-seu-apoio-ao-programa-apego-promocion-da-lingua/idEdicion-2015-03-23/idNoticia-922555/

www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/doce-concellos-unense-fomentar-transmision-do-galego-lingua-inicial-na-primeira-infancia/idEdicion-2015-03-23/idNoticia-922662/

ctnl.gal/web/notic.php

A actividade consistirá en sacar e difundir fotos de diversos colectivos da contorna (centros educativos, escolas deportivas, escolas de música, garderías, puntos de atención á infancia...) cunha pancarta de apoio e defensa da lingua galega. Comezou coa escolas infantís de Lañas e de Aro, o 13 de febreiro, co fin de poder relacionala  co amor que senten pola lingua todos os colectivos participantes.

Seguiremos engadindo, en próximas datas, as fotos de todos os colectivos que se vaian sumando.

 

Enlaces:

www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2015/02/13/span-langglbarcala-apoia-galego-dende-infanciaspanbr-/0003142385455906551864http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2015/02/13/span-langglbarcala-apoia-galego-dende-infanciaspanbr-/00031423854559065518645.htm5.htm

www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2015/02/14/bana-campana-polo-galego-dende-infancia-nas-escolas-lanas-aro/0003_201502S14C8994.htm

Ficheiros: 

Cartel_festa_da_filloaimp.pdf

programa_01.pdf

Master_class_filloas_chef.pdf

bases_certame.pdf

AUTORIZACIÓNS MUNICIPAIS PARA VERBENAS E FESTAS POPULARES EN GALICIA (art. 42 da Lei de emprendemento e competividade económica de Galicia)

1. As entidades locais, de acordo co establecido na Lei de medidas urxentes derivada da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, seguen a ser competentes para outorgar as licenzas en materia de verbenas e festas, no caso de que esta sexa necesaria.

2. As verbenas e as festas populares celebradas nun só municipio e sen instalación ou escenarios móbiles non precisarán de licenza municipal; resultará suficiente para a súa celebración a comunicación previa ao concello.

3. Nos casos en que sexa necesaria a licenza municipal porque se vaia utilizar un escenario ou estrutura móbil, a esixencia de proxecto técnico, quedará cuberta coa achega da seguinte documentación:

        A solicitude de licenza.

        O CIF da entidade organizadora.

        O NIF da persoa representante da entidade organizadora.

        O xustificante que acredite pagar os dereitos legais á Sociedade de Autores de España.

        Os contrato/s laboral/is da/s orquestra/s, que vaia/n actuar nos ditos festexos populares.

        Os xustificante/s que acredite/n o ingreso da cota da Seguridade Social correspondente/s ao/s referido/s contrato/s. No suposto de non estar esta documentación a disposición da persoa solicitante, tramitarase a solicitude coa condicionante de presentar posteriormente a documentación antes mencionada.

        A póliza de responsabilidade civil.

        O boletín eléctrico da instalación asinado polo/a técnico/a competente.

        A seguinte documentación técnica en cumprimento da normativa reguladora:

No caso de vehículo-escenario:  a declaración de conformidade do fabricante CE e a copia da documentación da ITV conforme, correspondente ao escenario móbil ou documento análogo que acredite o estado de idoneidade deste asinado polo/a técnico/a competente.

No caso de palcos, escenarios ou outras estruturas:   o plano de localización e as características da instalación (superficie, materiais...). De ser o caso, se dispón de homologación, achegarase esta coa revisión anual. Requirirase un informe emitido polo facultativo idóneo sobre as condicións de seguridade.

No caso de contar con pirotecnia:

        A acreditación do taller de pirotecnia autorizado.

        A identificación e os certificados dos expertos pirotécnicos que se encarguen da botadura.

        A especificación dos artigos pirotécnicos.

        A póliza de responsabilidade civil.

Deberase achegar a documentación con tempo suficiente para autorizar a actividade cunha marxe mínima de 10 días hábiles previos ao seu desenvolvemento.

Ficheiros: 

Autorizacion_festas.pdf

SOLICITUDE_DE_AUTORIZACION_PARA_CELEBRAR_FESTEXOS_POPULARES.pdf