PISCINA MUNICIPAL

· Apertura da piscina: 1 de xullo – 15 de setembro

· Horario:  Xullo e agosto: de 15.30 a 21.30 horas

                Setembro: de 15.30 a 20.30 horas

· Prezos:   Abonado/a : 25 €/mes

                 Non abonado/a: 2 €/día

· Observacións: É obrigatorio traer gorro e chanclas para utilizar a piscina

CURSOS DE NATACIÓN

·  Do 1 ao 30 de xullo, de luns a xoves, de 11.00 a 14.00 horas

·  Destinatarios/as: usuarios/as a partir de 4 anos 

·  Prezo: 30 €/mes (sen transporte)

·  Inscrición: ata o 26 de xuño de 2015

(*) A primeira semana estableceranse os grupos do cursiño de natación

·  Pagamento:

         Banco Pastor    ES26 0238 8191 8806 6000 1061

         ABANCA           ES92 2080 0326 1731 1000 0035

Ficheiros: 

FICHA_DE_INSCRICION_ACTIVIDADES_DE_VERAN_2015.pdf

  • Lugar e aloxamento: Campamento Xuvenil Virxe de Loreto, Porto do Son
  • Datas: do 17 ao 28 de xullo de 2015
  • Persoas destinatarias: rapaces/as con idades comprendidas entre os 8-16 anos (incluídos)
  • Amplo programa de actividades:

TIRO CON ARCO, PIRAGÜISMO, gymkana fotográfica, carreiras de orientación, actividades multideportivas (fútsal, baloncesto, voleibol…), torneos, obadoiros temáticos, deportes alternativos (indiacas, disco voador, floorball…), excursión a Porto do Son, veladas e xogos nocturnos, xogos do misterio e CREACIÓN DUN BLOG

  • Prezo: 100 €
  • Inclúe: estadía, manutención en campamento e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas e transporte
  • Núm. de prazas: 45  (*)Por orde de inscrición. Teñen preferencia os/as rapaces/as empadroados/as
  • Inscrición: Concello da Baña ate o 3 de xullo
  • Información:  Concello da Baña, ou no teléfono 981 886 501
  • Documentación:
    • Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos/as pais/nais, titores/as
    • Unha foto tipo carné
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria
    • Fotocopia do libro de familia ou carné de identidade
    • Copia de aboamento nas contas do Concello da Baña:

Banco Pastor ES26 0238 8191 8806 6000 1061

ABANCA ES92 2080 0326 1731 1000 0035

Ficheiros: 

Cartel_Campamento_Veran_2015.pdf

FICHA_DE_INSCRICION_2015.pdf

Diptico_Campamento_de_Veran_2015.pdf

A tarde comezou cunha sesión de photocall protagonizada polo alumnado do grupo de teatro do CPI San Vicente, a directora do centro, as familias do alumnado e a concelleira de Cultura do Concello da Baña diante da casa de cultura.

Ás 18.00 h, presentouse en sociedade un tráiler da obra de teatro Unha cita incómodaque o grupo de teatro do CPI San Vicente vai representar a mediados de xuño neste centro escolar. Esta obra trata a relación da mocidade coas novas tecnoloxías, concretamente co teléfono, e aborda as dúbidas propias da xuventude. O grupo, que está formado desde o curso pasado, consta este ano de 15 rapaces e rapazas.

Ás 19.00 h, Fabiana Gastaldello presentou Andersen, un espectáculo de mimo, commedia dell’arte, teatro de sombras…. para todos os públicos que tamén incluíu un pequeno obradoiro de teatro no que participaron nenos e nenas do público.

Provincia Localidade C.P.
CORUÑA, A BAÑA, A (A BAÑA) 15863
CORUÑA, A BARCALA (A BAÑA) 15863
CORUÑA, A BARCALA (SAN CIBRAN - A BAÑA) 15863
CORUÑA, A BARRO, O (A BAÑA) 15863
CORUÑA, A CORNEIRA (A BAÑA) 15863
CORUÑA, A ORDOESTE (A BAÑA) 15863
CORUÑA, A RIBA, A (A BAÑA) 15863
CORUÑA, A SAN VICENZO (A BAÑA) 15863
CORUÑA, A ERMIDA, A (A BAÑA) 15862
CORUÑA, A MARCELLE (A BAÑA) 15862
CORUÑA, A MONTE (A BAÑA) 15862
CORUÑA, A SUEVOS (A BAÑA) 15862
CORUÑA, A CABANAS (A BAÑA) 15839
CORUÑA, A FIOPÁNS (A BAÑA) 15839
CORUÑA, A LAÑAS (A BAÑA) 15839
CORUÑA, A TROITOSENDE (A BAÑA) 15839

Ficheiros: 

Codigos_Postais.pdf

O Concello da Baña comezou o pasado luns, 11 de maio, celebrando a Semana Bañense das Letras 2015 cunha Tarde Infantil entre Letras na Escola de Educación Infantil de Lañas que comezou ás 18.00 h.

En primeiro lugar, Ana e Tiko, voluntarias xeorxianas do programa europeo Erasmus, contaron o conto Fidelidade de león en versión xeorxiana e galega. E a continuación actuou Charo Pita co seu espectáculo Canta Conta, que deleitou as persoas asistentes cunha manchea de contos ao ritmo de instrumentos, de palmas, de asubíos, de cancións... e cunha gran dose de humor.

Participaron principalmente os nenos e as nenas de infantil da EEI de Lañas e de San Vicenzo, do PAI da Baña, do programa Maimiños e Furabolos, xunto coas súas familias que, en conxunto, formaron un público dedicado, atento, divertido e participativo.

Unha vez que rematou a actuación, as persoas participantes tiveron a ocasión de coñecer as instalacións da EEI de Lañas e toda a rapazada puido xogar e aproveitar o que quedaba dunha estupenda tarde de sol.