- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1389
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1350
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1349
A actividade Risadas a ritmo, promovida desde o Servizo de Normalización Lingüística do Agrupamento A Baña-Negreira, estivo incluída dentro da clausura do campamento urbano que tivo lugar ao longo de toda a mañá do luns. Asistiron como espectadores os pais e as nais dos nenos e das nenas protagonistas.
En Risadas a ritmo tamén participou o grupo de voluntariado xuvenil, todos eles guiados pola coordinación do campamento. Para poder escenificar os chistes, primeiramente realizaron un traballo de recollida de chistes curtos e de música galega. Entre chiste e chiste bailaban a ritmo. A música axudou estes artistas a desinhibirse e a expresarse, conseguindo así o riso do público.
Este programa permitiu que interactuasen xeracións tan distantes como infancia e xuventude, que compartisen chistes en galego e que desenvolvesen a lingua galega e o seu vocabulario de forma divertida.
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1352
O Concello da Baña beneficiarase a partir do vindeiro luns dos descontos do Plan de Transporte Metropolitano de Santiago.
As tarxetas de transporte metropolitano estarán disponibles nas oficinas deAbanca do noso municipio, ou en calquera outra onde esté implantada este servizo.
Con este novo paso ultímase o dispositivo para a posta en marcha do programa de transporte público impulsado pola Xunta de Galicia. Os dispositivos de pago, cun prezo bonificado de 2 euros, poderán adquirirse sen necesidade de ter unha conta asociada, só presentando o DNI, funcionando como tarxetas moedeiro que deberán recargarse na oficinas ou caixeiros.
As persoas usuarias deste servizo acadarán descontos de entre o 30 e o 50%, onde no caso da Baña será dun 40% máis os trasbordos no urbano gratuítos.
O portal web do Transporte Metropolitano de Galicia, tmg.cmati.xunta.es , ofrece unha detallada explicación do seu funcionamento e das súas vantaxes, incluíndo os cambios que supón en canto ao abaratamento das viaxes e a bonificación dos transbordos.
Calquera dúbida ou para máis información, estaremos a súa disposición no Concello da Baña ou no teléfono 981 886 501.
HORARIOS DO SERVIZO DE AUTOBUSES: http://www.grupoferrin.com/descargas.aspx
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1236
O DOG núm. 159, do 21 de agosto, na páx. 34319, publica a Resolución do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Nestes cursos poden participar as persoas maiores de dezaseis anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria. Para isto, deben presentar unha única solicitude por persoa preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou en soporte papel a través de rexistro. Teñen de prazo 15 días hábiles que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no DOG.
A resolución provisional coas persoas admitidas, excluídas e en agarda publicarase, unha vez rematado o prazo, na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.xunta.es/linguagalega .
A oferta formativa para a provincia da Coruña queda recollida no seguinte cadro:
Provincia da Coruña |
|||
Localidade |
Celga 2 |
Celga 3 |
Celga 4 |
Carballo |
Lugar: IES Isidro Parga Pondal Horario: 20:00 a 22:00 Días: de luns a venres |
||
Cee |
Lugar: IES Fernando Blanco |
||
Coruña, A |
Lugar: IES Eusebio da Guarda Horario: 20:00 a 22:00 Días: de luns a venres |
Lugar: IES Fernando Wirtz Suárez Horario: 20:00 a 22:00 Días: de luns a venres |
|
Muros |
Lugar: IES Plurilingüe Fontexería Horario: 20:00 a 22:00 Días: de luns a venres |
||
Ordes |
Lugar: IES n.º 1 Horario: 20:00 a 22:00 Días: de luns a venres |
||
Ortigueira |
Lugar: IES de Ortigueira Horario: 20:00 a 22:00 Días: de luns a venres |
||
Padrón |
Lugar: IES Camilo José Cela Horario: 20:00 a 22:00 Días: de luns a venres |
||
Ponteceso |
Lugar: IES de Ponteceso Horario: 20:00 a 22:00 Días: de luns a venres |
||
Pontes de García Rodríguez, As |
Lugar: IES Castro da Uz Horario: 20:00 a 22:00 Días: de luns a venres |