- Detalles
- Escrito por Concello
- Categoría: axenda
- Visitas: 1354
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1600
O Concello da Baña celebra o Día das Letras Galegas cun Café con letras a partir das 16.30 h no local social e coa actuación de Migallas Teatro ás 18.00 h nas escolas vellas, hoxe luns, 16 de maio. A entrada para ver o espectáculo Merenda con pan de millo é gratuíta.
- Detalles
- Escrito por Concello
- Categoría: axenda
- Visitas: 1409
Remata o prazo de inscrición para a Campaña de Esquí 2017
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1854
Benquerido/a presidente/a:
Con motivo da publicación da convocatoria do XXXIII Programa de música e teatro para grupos non profesionais correspondente á Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña do ano 2016, do que a asociación que vostede preside se pode beneficiar, remítolle a documentación para formular a petición de solicitude e a convocatoria publicada no BOP correspondente coas súas bases.
Condicións das entidades:
- Poderán solicitar só unha actuación dos grupos incluídos no XXXIII Programa de música e teatro para grupos non profesionais as entidades sen ánimo de lucro da provincia, que estean xuridicamente constituídas e que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura.
- As actuacións serán públicas e gratuítas e non poderán ser utilizadas en actos privados.
- A Deputación contratará as actuacións de grupos non profesionais concedidas ás entidades.
- As porcentaxes de pagamento da actuación serán as seguintes:
Entidades: 50% do importe da actuación.
Deputación: 50% do importe da actuación.
- A tramitación será telemática.
- A entidade deberá dispoñer dun enderezo de correo electrónico que non poderá variar ao longo de toda a tramitación do expediente, xa que as comunicacións dirixiranse ao dito enderezo. Excepcionalmente poderase modificar o enderezo inicial mais existirá a obriga de notificarlle a dita circunstancia á Deputación.
Obrigacións das entidades:
a. Dispoñer dun certificado dixital ou DNI electrónico:
− a persoa que ocupe a Presidencia da entidade
−a persoa que represente a entidade na Deputación (se é distinta ao anterior).
b. Proporcionar locais axeitados para realizar as actuacións, de forma gratuíta.
c Organizar as actuacións velando polo seu correcto desenvolvemento, proporcionando o persoal de vixilancia que se precise.
d. Poñer a disposición dos grupos o persoal necesario para axudar á carga e descarga do material nos lugares das actuacións; esta condición non será imprescindible no Programa de música e teatro para grupos non profesionais.
e. Realizar a publicidade das actuacións.
f. Cubrir mediante póliza de seguro os riscos de accidentes así coma os de responsabilidade civil que se poidan derivar da realización das actuacións.
g. Expedir os documentos que acrediten a realización das actuacións recibidas: declaración, certificación ou calquera outro no que se acredite a realización da actuación.
h. Aboarlles aos grupos a porcentaxe do importe da actuación que lle corresponda; no caso de entidades, o pago deberá terse realizado no prazo de dous meses dende que o grupo presente a factura. A Deputación poderá requirir a presentación dos documentos que xustifiquen o citado pago.
i. Someterse ás actuacións de comprobación da Deputación, así como calquera outras de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes.
k. Aboarlle os gastos correspondentes á Sociedade Xeral de Autores de España.
l. Facer publicidade de que a actuación pertence a programación da Rede Cultural da Deputación. Esta poderá, se o considera necesario, solicitar a xustificación da dita publicidade.
Consulta dos grupos que se poden solicitar:
No enderezo de internet https://www.dacoruna.gal/REDE_CULTURAL/GruposGl.jsp
Lémbrolle que antes de realizar as solicitudes deberá contactar co grupo ou intérprete para concretar as condicións da actuación, dada que aquelas que non teñan a súa conformidade non se terán en conta.
O prazo de presentación da solicitude de actuación remata o 12 de maio de 2016.
Máis información en https://www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural ou na Concellaría de Cultura do Concello da Baña.
A Baña, 25 de abril de 2016
A Concelleira de Servizos Sociais, Promoción Cultural, Educación, Turismo e Promoción do Emprego.
Alicia Blanco Sande.