O Concello da Baña informa de que vai permanecer exposto ao público o Censo Electoral das Eleccións as Cortes Xerais do 10 de novembro, desde o 30 de setembro ata o 7 de outubro, nas oficinas xerais da Casa do Concello, para que calquera persoa poida de maneira persoal consultalo en horario de 09.00 a 14.00 horas, sempre que presente un documento identificativo (DNI, Pasaporte...).

20190925 CURSOS OUTONO INFORMATICA 2019O Concello da Baña organiza tres cursos de informática durante o outono 2019. Procesamento de textos, mecanografía e iniciación a Internet son as actividades formativas que se levarán a cabo na aula de informática da Baña a partir do mes de outubro. As inscricións poden facerse na aula de forma presencial ou chamando ao 981 886 669.

Recórdaselle á veciñanza que a aula de informática está aberta os luns, martes e venres de 15.30 a 19.30 horas.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca cursos de linguaxe administrativa (presenciais e en liña) e cursos preparatorios do Celga nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Os cursos impartiranse entre outubro de 2019 e maio de 2020 en horario de mañá, ou de tarde.

O prazo para presentar as solicitudes abrangue desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2019, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 30 de decembro de 2019 ata o 10 de xaneiro de 2020, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

A continuación atópase a resolución do Diario Oficial de Galicia que recolle a convocatoria dos devanditos cursos.

20190925 Parque EolicoEste venres, 27 de setembro, vai ter lugar unha reunión explicativa sobre a instalación dun parque eólico que afectará as parroquias de Lañas, Fiopáns e Monte. O encontro terá lugar no local social de Lañas ás 21.00 horas. Green Capital Power será a empresa encargada de xestionar o tema, dar toda a información pertinente e contestar as preguntas que puidesen xurdir.

 

20190918 sede electrónica novaO Concello da Baña organiza o vindeiro 2 de outubro un curso de formación sobre a Sede electrónica do municipio. Neste taller ensinaráselles aos participantes  o funcionamento desta páxina web na que se pode solicitar subvencións, pedir licenzas, consultar e facer xestións durante as 24 horas do día coas diferentes administracións públicas e dente calquera dispositivo (ordenador, tablet ou teléfono). 

A participación é gratuíta e celebrarase o día 2 de outubro (mércores), de 10.00 a 12.00 horas nas dependencias municipais.

Podes pedir máis información e inscribirte nas dependencias municipais ou nos teléfonos 981 886 777 e 682 859 367.