-
Con 60 horas de duración, desenvolverase de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) da Baña organiza un curso gratuíto de fotografía dirixido a mozos e mozas de 14 a 30 anos de idade. Baixo o titulo ‘A Baña dixital’, os asistentes recibirán formación básica sobre fotografía, as cámaras estenopeicas, a reportaxe fotográfica e a toma e montaxe de vídeo.
O curso terá 60 horas de duración e desenvolverase de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas. Promovido polo Concello da Baña en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta, os interesados deberán inscribirse na Axencia de Desenvolvemento Local da Baña, nos teléfonos 981 886 777 ou 682 859 367.