A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca cursos de linguaxe administrativa (presenciais e en liña) e cursos preparatorios do Celga nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Os cursos impartiranse entre outubro de 2019 e maio de 2020 en horario de mañá, ou de tarde.
O prazo para presentar as solicitudes abrangue desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2019, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 30 de decembro de 2019 ata o 10 de xaneiro de 2020, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
A continuación atópase a resolución do Diario Oficial de Galicia que recolle a convocatoria dos devanditos cursos.