YoutubeirsHoxe bota a andar a terceira edición de Youtubeir@s, un proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de trece concellos, entre eles o de A Baña, as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña. Desta volta, o certame repartirá 6.500 euros en premios e reforzarase o apartado de formación, centrado na comunidade educativa. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, salientou a boa acollida deste proxecto, que "demostra que as institucións locais poden liderar as iniciativas para reivindicar o uso da lingua en todos os ámbitos e en todas as idades".

A Concelleira de Cultura, Alicia Blanco, e a responsable do Servizo de Normalización Lingüística da Baña, Carmen Pereiro, participaron na presentación da terceira edición de Youtubeir@s nunha rolda de prensa celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación na que tamén estiveron presentes a coordinadora do proxecto, Mónica Fernández Valencia; os alcaldes de Santiago, Martiño Noriega, e do Grove, José Antonio Cacabelos; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC, Gumersindo Feijóo.

Na presentación, lembráronse diferentes cifras ao respecto das dúas edicións anteriores. En concreto, destacouse que máis de 380 persoas, con idades comprendidas entre os 18 e os 80 anos, acudiron aos cursos de formación e que ao abeiro do proxecto se produciron máis de 2.000 minutos de contido en galego en YouTube.

Ademais, máis 400 persoas participaron xa nas dúas edicións dos Premios Youtubeir@s, unha das liñas de acción deste proxecto que, para esta edición, aumenta o número de categorías e incrementa a súa dotación económica ao pasar dos 5.500 euros de 2018 aos 6.500 euros desta terceira convocatoria. A cifra repartirase nos galardóns das categorías nas que se divide o certame: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle e vídeo-cantarmos. Precisamente, esta última categoría é a gran novidade deste 2019 e con ela recoñecerase e incentivarase o gran talento musical que está presente en YouTube.

A estas catro categorías súmanselle outras catro que, un ano máis, premiarán os vídeos que destaquen en creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica e calidade lingüística. A estes oito galardóns hai que sumarlles o premio do público, chamado #propostayoutubeira, coa que se impulsará por segundo ano consecutivo a interacción entre as persoas usuarias na rede social Facebook, que poderán propoñer a través do correo electrónico, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., un vídeo do que sexan seareiros/as. Este ano, amplíase o prazo de inscrición, que comezou o 13 13 de febreiro, e remata o vindeiro 27 de setembro.

Formación 

Outro dos piares do Proxecto Youtubeir@s dedícase á formación, que este ano centrará parte dos seus esforzos en cursos e obradoiros destinados principalmente á comunidade educativa. Aínda que Youtubeir@s é un proxecto interxeracional, son precisamente as xeracións máis novas -as que naceron xa como nativas dixitais- as que converteron YouTube nunha plataforma de encontro na que intercambiar opinións, inquedanzas ou amosar os seus coñecementos, impulsando así o concepto de youtubeir@s como novos axentes de comunicación. Por ese motivo, o proxecto achegarase ao alumnado de secundaria mediante cursos e obradoiros de formación impartidos un ano máis pola produtora Illa Bufarda e coa incorporación ao corpo docente da actriz Laura Villaverde, coñecida por ser a youtubeira Chola, It Girl; ou Marga Rodríguez Tilve, comunicadora audiovisual e youtubeira en As Cousas do Choio.

Youtubeir@s en conexión 

Outra vía de traballo do programa para esta nova edición titúlase Youtubeir@s en conexión e o seu obxectivo é consolidar a comunidade de youtubeiros e youtubeiras xa existente, ampliar a súa base social, dar visibilidade ao seu traballo de creación na rede en galego e fomentar o intercambio e o debate. Con esas metas, desenvolveranse no mes de xuño na Coruña dous grandes eventos. O primeiro deles, baixo o nome de Lista de reprodución ao vivo, no que diferentes youtubeir@scompartirán a súa experiencia coas persoas asistentes que irán cambiando dun a outro como quen cambia de vídeo na Rede.

O segundo deles será a Xornada para Youtubeir@s, na cal se convoca a comunidade youtubeiragalega para reflexionar sobre o panorama creativo a varios niveis (lingüístico, temático, creación de públicos), de xeito que se propicie un lugar de reflexión e conexión para tecer redes e, ao tempo, fortalecer a comunidade entre as persoas creadoras.

A estas tres liñas de acción: as actividades, os premios e a formación, cómpre engadirlles outras iniciativas de visibilización, como a acción nas redes sociais, a presenza en festivais e eventos culturais, ou programas de accións de difusión da lingua que se darán a coñecer e se desenvolverán ao longo deste novo ano youtubeiro.

Organización 

Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Coruña, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña. 

 

A Deputación da Coruña convoca diversas liñas de acción para o desenvolvemento cultural de entidades sen ánimo de lucro e empresas privadas. O prazo de solicitude comeza o xoves 17 de xaneiro e remata o venres 15 de febreiro ás 14:00 horas.

Parar realizar a solicitude telemáticamente é imprescindible ter DNI electrónico, ou Certificado Dixital, e efectuarase a través do link:

https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/acceso/login

Para coñecer detalladamente cada convocatoria preme nas seguintes ligazóns:

  1. Bases reguladoras e prazos do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/16/2019_0000000247.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/08/2019_0000000089.pdf

  1. Bases reguladoras e prazos do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de inversións culturais:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/16/2019_0000000249.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/08/2019_0000000090.pdf

  1. Bases reguladoras e prazos do programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e bailes tradicional galego e formacións musicais de gran formato para o desenvolvemento de actividades culturais:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/08/2019_0000000093.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/16/2019_0000000254.pdf

  1. Bases reguladoras e prazos do programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e bailes tradicional galego para o desenvolvemento de actividades culturais:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/08/2019_0000000092.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/01/16/2019_0000000252.pdf

  1. Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades privadas (iniciativa social sen ánimo de lucro e centros especiais de emprego):

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/12/18/2018_0000009405.pdf

 20181230 ALI9609

 

Agrupacións de música tradicional da Baña, Frades, Rianxo, Santiago e Vedra animaron onte o ambiente da Baña ao ritmo de pandeiretas, gaitas e tambores durante a Troula de Nadal, que xuntou a moitos veciños e visitantes nas instalacións da escola de música (antigas escolas vellas) para pasar unhas horas de lecer. Organizado polo Concello da Baña e ACM Os Campantes da Baña, houbo ata quen se animou a bailar.

Os máis aplaudidos foron os nenos e nenas que están comezando ás tocar a gaita na Escola de Música Tradicional da Baña. Sobre o escenario amosaron que a música tradicional ten futuro na Baña, despois de interpretar varias pezas xunto co seu mestre, Emilio Lois, a quen ao rematar lle entregaron un bonito que acabou emocionando ao líder dos Campantes da Baña e mestre en outras agrupacións de música tradicional da contorna de Santiago.
Os adultos que están aprendendo nesta escola a tocar a pandeireta e a gaita non dubidaron en subirse ao escenario para animar unha velada que tiña como obxectivo despedir o ano con boa música, mellor humor e poñendo en valor a tradición cultural da nosa terra.
As Pandereteiras da Baña, o grupo de gaitas do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia (Santiago), as Dedaleiras de Sarandón (Vedra), Vai de Roda (Rianxo), e Sarillo de Aiazo (Frades) foron as outras agrupacións que animaron coa súa música unha tarde na que gozaron maiores e pequenos.

Podes ver o album de fotos no Facebook do Concello da Baña (neste enlace).

 20181230 ALI9630

20180104 Reis2019 Concello Bana 940

A comitiva dos Reis Magos de Oriente chegará mañá á Baña sobre as cinco e media da tarde, para recibir a pequenos e maiores no local social. Alí escoitarán atentamente todas as peticións de nenas e nenos, e tamén dalgún que outro avó ou avoa, se se animan. Para os asistentes haberá un agasallo, 200 bolsas con lambetadas e doces, tamén aptos para persoas celíacas ou diabéticas.

Ao rematar a recepción, as persoas asistentes poderán degustar rosca e chocolate (tamén aptos para celíacos e diabéticos) no local da terceira idade, mentres os Magos de Oriente se achegan ata o fogar residencial de Ceilán para agasallar ás persoas maiores.

Precisamente no local da terceira idade, os Magos atoparanse cunha decoración especial que estiveron facendo este días os nenos e nenas que participaron no Nadal Xogo, que rematou hoxe.

Maxia con Pedro Bugarín

E para amenizar a espera pola chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar, outro mago, neste caso Pedro Bugarín, ofrecerá o seu espectáculo de maxia a partir das catro e media da tarde no local social.

20181228 Troula Nadal

A música tradicional galega volverá mañá a ser a protagonista na Troula de Nadal, unha iniciativa do Concello da Baña en colaboración coa ACM Os Campantes, para que os grupos de música tradicional do municipio e arredores teñan un espazo no que amosar o seu bo facer, ao tempo que se mantén a aposta por potenciar a cultura do país.

A Troula de Nadal comezará ás 20.30 horas nas Escolas Vellas da Baña nun concerto no que participarán integrantes da Escola de Música Tradicional da Baña, as Pandereteiras da Baña, Escola do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia, de Santiago; as Dedaleiras de Sarandón (Vedra), Vai de Roda, de Rianxo, e Sarillo de Aiazo (Frades).