A Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) é unha iniciativa municipal creada co obxectivo de facilitar o desenvolvemento do contorno socioeconómico e de crear emprego. O seu ámbito de actuación é exclusivamente municipal; depende orgánica e funcionalmente do propio concello; carece de personalidade xurídica propia e está configurada como un servizo municipal. Na actualidade os custos de funcionamiento están cofinanciados pola Consellaría de Traballo.

Os/As beneficiarios/as inmediatos/as da axencia son os/as novos/as emprendedores/as, empresarios/as, comerciantes, traballadores/as, desempregados/as e, en xeral, aqueles/as que pretendan poñer en marcha ou ampliar calquera tipo de iniciativa empresarial. Os labores levados a cabo na ADL de cara ás empresas son, entre outros, os seguintes:

  • Información das axudas existentes.
  • Apoio ás Pemes locais a través da asociación de empresarios co obxectivo de mellorar a xestión dos seus respectivos negocios.
  • Cursos e seminarios sobre temas de interese destinados a mellorar a formación e a reciclaxe dos traballadores e das traballadoras.
  • Promover a economía social e a inserción no mundo laboral, en especial dos grupos máis desfavorecidos (mocidade, mulleres, parados e paradas de longa duración...), ou autoemprego e a creación de novas empresas.

Polo que se refire ás novas iniciativas empresariais tense en conta diferentes aspectos de traballo como poden ser:

  • Asesorar o/a emprendedor/a para elaborar o plan de empresa que lle permita ter unha idea cuantificada da idea empresarial así como analizar a viabilidade dos proxectos presentados para coñecer as súas posibilidades de éxito.
  • Contestar as súas dúbidas sobre incentivos e axudas proporcionados pola Administración e outros organismos e asesorar sobre a vía de financiación máis idónea.
  • Realizar tarefas de orientación laboral: asesoramento, orientación, información, técnicas de busca de emprego, como facer un curriculum.
  • Recoller e facilitar información sobre programas europeos de interese no seu ámbito de actuación.