Son varias as axudas e subvencións que se poden tramitar a través da Axencia de Desenvolvemento Local, a maioría de carácter anual. Poderiamos destacar a modo de esquema:

Axudas da Consellería de Traballo, tanto para contratar como para poñer en marcha novas iniciativas empresariais:

  • Programa de axudas a empresarios/as para contratar o/a seu/súa primeiro/a traballador/a fixo/a; axudas para fomentar a contratación indefinida inicial de colectivos de difícil inserción; axudas para fomentar que permanezan nas empresas con contrato estable aqueles/as que teñan un contrato temporal; axudas para transformar en indefinidos contratos de formación, de prácticas, de revezamento, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade; axudas para fomentar a contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D.
  • Axudas para contratar por conta allea persoas desempregadas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión social.
  • Axudas para promocionar a integración laboral de persoas con discapacidades.
  • Programas de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas - Programa Innoempresa.
  • Axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas financiados con fondos do ICO.
  • Incentivos á contratación dirixidos a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, cofinanciada polo Fondo Social Europeo.
  • Incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.
  • Axudas para fomentar e consolidar as asociacións de cooperativas.
  • Programa para fomentar o emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo.
  • Programa para promocionar o emprego autónomo cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
  • Axudas destinadas a actividades para fomentar a prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Programa de incentivos á contratación indefinida das persoas paradas de longa duración, cofinanciado polo Fondo Social Europeo
  • Programa de iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo: subvención á xeración de emprego estable, subvención financeira, subvención para asistencia técnica, subvención para iniciar a actividade, subvención para conciliar a vida profesional e persoal dos/das promotores/as.
  • Axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.
  • Programas de incentivos á contratación indefinida de mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
  • Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL), cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Financiación concertada a través do Igape

  • Axudas da Consellaría de Innovación e Industria: para modernizar o pequeno comercio; para implantar o distintivo de calidade do comercio galego, para fomentar a creación e a expansión de cadeas sucursalistas, medidas ambientais e a mellora da imaxe dos establecementos comerciais, etc.