Unhas seiscentas persoas déronse cita hoxe na área recreativa Agra de Chans para conmemorar as vodas de prata da Festa dos Maiores da Baña, que estivo presidida polo alcalde, Andrés García Cardeso, e outros membros da Corporación Municipal.

Os asistentes puideron degustar un menú elaborado por Pulpería Veloso, de Vedra, a base de empanada, pulpo e carne ao caldeiro. A agrupación musical Tíralle do Aire, de Negreira, foi a encargada de poñer a música da festa. Pola súa parte, o grupo Los Casineros presentou o seu espectáculoSarabandaque se representou na Baña dentro da rede cultural da Deputación.

A Festa dos Maiores está organizada polo Concello da Baña en colaboración coa Deputación da Coruña.

Album de fotos da festa no Facebook do Concello da Bana. Preme neste enlace

Cartel da XXV Festa dos Maiores

O vindeiro sábado 4 de agosto celebramos na Baña a XXV Festa dos Maiores, un encontro que terá lugar na área recreativa Agra de Chans a partir da unha do mediodía.

Para participar, é preciso ter polo menos 55 anos cumpridos e estar empadroado/a no Concello da Baña. Ademais, o día da festa será imprescindible presentar o DNI xunto coa invitación.

O programa da festa comeza á unha do mediodía coa animación a cargo da agrupación musical Tíralle do Aire. Á unha e media celebrarase unha misa e, a continuación, comezará o xantar veciñal. A seguir, soará novamente a música de Tíralle do Aire e, xa ás cinco da tarde, o grupo Los Casineros presentará o seu espectáculo Sarabanda. O final de festa está previsto para as seis e media.

A XXV Festa dos Maiores está organizada polo Concello da Baña e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

 

A Xunta de Goberno Local do día 19 de xullo de 2018 aprobou a listaxe definitiva e convocou a matrícula aos/as nenos/as admitidos no Punto de Atención á Infancia do Concello da Baña.

CURSO 2018/19

Deben presentar a seguinte documentación:

  • Declaración da Renda do exercicio 2017 do pai/nai/titor legal
  • Fotocopia do NIF das persoas autorizadas para a recollida do/a neno/a (se son as mesmas persoas non é necesario)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a neno/a (se houbo cambios)
  • Xustificante bancario do pago da taxa de matrícula 30,00€
    • Banco Pastor: ES26 0238 8191 8806 6000 1061
    • Abanca: ES92 2080 0326 1731 1000 0035
  • Certificado conta bancaria para domiciliación pago (se é o mesmo non é preciso)
  • 3 fotografías tamaño carnet
  • Informe de saúde do/a neno/a no caso de considerar a familia que as profesionais do centro deben coñecelo.
  • Documento de matrícula

 

Prazo de presentación: ata o 17 de agosto de 2018 no departamento de Servizos Sociais do Concello da Baña

 

Horario do período de adaptación:

  • nenos/as con praza renovada: entregaránllo no PAI no mes de xullo
  • nenos/as de novo ingreso comunicaráselle no momento de formalización da matrícula

 

Máis información: 981 886 501 / 608 819 741 preguntando por Patricia ou no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Fin curso PAI

 

O Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña celebra o venres 27 de xullo unha festa de fin de curso cunha actividade pensada para o goce das crianzas: a alfombra máxica. Trátase dun lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva coa que os nenos e as nenas poden explorar o espazo e sentir: ver, escoltar, unir e tocar.

Os destinatarios desta actividade son os menores matriculados no PAI e as suas familias. A cita é a partir das doce do mediodía. Esta actividade, que pecha o curso 2017/2018 no PAI, está organizada coa colaboración do Concello da Baña e da Deputación da Coruña.