- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visto: 2804
O Concello da Baña fai oficial o seu convenio coa Unidade de atención temperá de Santa Comba, mediante o cal os veciños máis novos do municipio poden gozar dos seus servicios.
Deste xeito, a cativada bañense de 0 a 6 anos poderá acudir á unidade, situada na Casa da Cultura de Santa Comba (Rúa Miraflores, 0, 15840), sempre que un pediatra o derive previamente. Alí gozará dos servicios que proporcionan as súas tres áreas: coordinación e atención ás familias, logopedia e terapia ocupacional e reeducación funcional.
O obxectivo desta iniciativa é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.
Os interesados poderán informarse máis detalladamente no departamento de servicios sociais do Concello da Baña.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visto: 2032
Tras rematar o prazo de preinscrición e publicar a listaxe definitiva de persoas admitidas, queda aberto o prazo de matrícula no Punto de Atención á Infancia para o curso 2019-2020. Para levar a cabo a inscrición no centro, os pais/nais/titores do futuro alumnado terán que presentar unha serie de documentos na concellería de cultura do Concello da Baña.
A continuación atópase de forma detallada toda a documentación necesaria para a matrícula:
-Declaración da renda exercicio 2018 do pai e nai. No caso de non estar obrigados a presentala certificación de imputación de rentas (solicítase en facenda)
-Fotocopia tarxeta sanitaria do/a neno/a
-Fotocopia vacinas
-Modelo de domiciliación de recibos (por duplicado)
-Fotocopia do xustificante bancaria do pago da taxa de matrícula
-Autorización da imaxe
-Autorizacion de persoas para recollid
-No caso de que o/a menor teña algún problema de saúde que deba ser coñecido (enfermidades, alerxias...) deberá traer informe do pediatra.
-3 fotografías tamaño carné.
Nos arquivos adxuntos a esta páxina atópanse os modelos de domicializacióm, de autorización de imaxe e recollida e de xustificación bancaria (domiciliación de recibos e pago de taxas).
O prazo de matrícula é do 15 ao 19 de xullo. Para máis información sobre o procedemento, funcionamento ou outras dúbidas do Punto de Atención á Infancia, poden enviar un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ou achegarse á casa da cultura de San Vicente en horario de 9 a 14 horas.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visto: 1978
-
Poderán participar as persoas maiores de 55 anos que estean empadroadas no Concello da Baña

O Concello da Baña organiza o vindeiro 3 de agosto a XXVI Festa dos Maiores, á que poderán asistir os veciños e veciñas maiores de 55 anos que estean empadroadas no municipio. Celebrarase na área recreativa Agra de Chans.
As persoas que desexen asistir deberán retirar a invitación antes do 26 de xullo no departamento de Servizos Sociais, invitación que deberán presentar o día da festa xunto co DNI. O Concello tamén pon a disposición dos interesados un servizo de autobús para desprazarse. Os que desen utilizado deberán comunicalo no momento de retirar a invitación.
Para aclarar calquera dúbida o ter máis información poden chamar ao teléfono do concello: 981 886 501
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visto: 2482

Usuarios da Fundación de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala están a colaborar no campamento lúdico-deportivo que comezou esta mañá na Baña e no que 60 nenos e nenas maiores de catro anos poderán gozar coas actividades programadas durante todo o mes de xullo.
A partir das 08.30 horas chegaron os primeiros participantes neste campamento á área recreativa Agra de Chans, onde se van desenvolver a maioría das actividades programadas para este mes, aínda que tamén contarán con saídas e excursións para gozar dun verán inesquecible.
Hoxe, como era o primeiro día, toucou coñecer aos novos compañeiros de aventuras, e aos monitores e coordinadores do campamento, aínda que tamén houbo tempo para darse un baño na piscina e facer diferentes xogos. Mañá, entre outras actividades, pintarán un mural entre todos os nenos e nenas participantes.
Este ano, dende o equipo de goberno que dirixe José Antonio Pereira, chegouse a un acordo coa Fundación de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala para fomentar a integración das persoas con discapacidade. En base a este acordo, usuarios da fundación están a colaborar cos monitores do campamento no desenvolvemento dalgunhas das actividades programadas no campamento.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visto: 1483
Faise público o decreto coa aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña e lista de agarda.
O decreto pódese consultar no documento adxunto.
