A Xunta de Goberno Local do día 19 de xullo de 2018 aprobou a listaxe definitiva e convocou a matrícula aos/as nenos/as admitidos no Punto de Atención á Infancia do Concello da Baña.
CURSO 2018/19
Deben presentar a seguinte documentación:
- Declaración da Renda do exercicio 2017 do pai/nai/titor legal
- Fotocopia do NIF das persoas autorizadas para a recollida do/a neno/a (se son as mesmas persoas non é necesario)
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a neno/a (se houbo cambios)
- Xustificante bancario do pago da taxa de matrícula 30,00€
- Banco Pastor: ES26 0238 8191 8806 6000 1061
- Abanca: ES92 2080 0326 1731 1000 0035
- Certificado conta bancaria para domiciliación pago (se é o mesmo non é preciso)
- 3 fotografías tamaño carnet
- Informe de saúde do/a neno/a no caso de considerar a familia que as profesionais do centro deben coñecelo.
- Documento de matrícula
Prazo de presentación: ata o 17 de agosto de 2018 no departamento de Servizos Sociais do Concello da Baña
Horario do período de adaptación:
- nenos/as con praza renovada: entregaránllo no PAI no mes de xullo
- nenos/as de novo ingreso comunicaráselle no momento de formalización da matrícula
Máis información: 981 886 501 / 608 819 741 preguntando por Patricia ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.